• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interés  céntrase no teatro de títeres entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta mais tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo, Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas mais contemporaneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo, O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés no espectáculo, As Pombas de Carboeiro.

Actualmente a compañía está preparando a súa nova produción, un espectáculo musical dirixido ao público familiar. Esta proposta, diferente á produción habitual do seu director Inacio, estará próximamente no seu repertorio e presentándose nas vosas vilas, estade moit atentas e atentos!

Os Vellos non deben de Namorarse

Fantoches Baj representa con marionetas a emblemática obra de Castelao no 75 aniversario da súa estrea en Bos Aires.

Esta será a segunda vez que se aborda con marionetas en Galicia un clásico do noso teatro, logo daquela exitosa montaxe que sobre do Mariscal de Ramón Cabanillas acometera Kukas hai xa case vinte anos. Con ela amosouse ao público galego que marionetas e adultos non son dúas cousas incompatibles.

 Ademais, trátase dunha proposta que vén a cubrir o baleiro existente na actualidade de non dispor o público galego da posibilidade de ver unha montaxe escénica, axustada as intencións do autor, de Os vellos non deben de namorarse, pois se ben é verdade que a súa montaxe é habitual en Galicia con incontables escenificacións no ámbito do teatro escolar e afeccionado, tamén o é que as últimas montaxes do teatro profesional foron feitas hai xa máis dunha década.

 O deseño dos monicreques e escenografía segue punto por punto os deseños feitos por Castelao para a súa estrea, dos que existe unha abundante documentación (deseños, fotos, partituras, máscaras e anotacións.)

Un espectáculo de calidade que respecta as intencións do autor valorizando o que nós consideramos o primeiro proxecto total do teatro galego.

Fantoches Baj presenta “Os vellos non deben de namorarse” – Video promocional

Publicado el 4 feb. 2016

Os vellos non deben de namorarse

Fantoches Baj representa con marionetas a emblemática obra de Castelao no 75 aniversario da súa estrea en Bos Aires.
Esta será a segunda vez que se aborda con marionetas en Galicia un clásico do noso teatro, logo daquela exitosa montaxe que sobre do Mariscal de Ramón Cabanillas acometera Kukas hai xa case vinte anos. Con ela amosouse ao público galego que marionetas e adultos non son dúas cousas incompatibles.
Ademais, trátase dunha proposta que vén a cubrir o baleiro existente na actualidade de non dispor o público galego da posibilidade de ver unha montaxe escénica, axustada as intencións do autor, de Os vellos non deben de namorarse, pois se ben é verdade que a súa montaxe é habitual en Galicia con incontables escenificacións no ámbito do teatro escolar e afeccionado, tamén o é que as últimas montaxes do teatro profesional foron feitas hai xa máis dunha década.
O deseño dos monicreques e escenografía segue punto por punto os deseños feitos por Castelao para a súa estrea, dos que existe unha abundante documentación (deseños, fotos, partituras, máscaras e anotacións.)
Un espectáculo de calidade que respecta as intencións do autor valorizando o que nós consideramos o primeiro proxecto total do teatro galego.

Ficha técnica:

Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Autor das ilustracións: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Director: Inacio Vilariño

Actores- Manipuladores: Inacio Vilariño, Luis Javier Iglesias Rodríguez (Luchi), María Teresa Rodríguez Castiñeiras (Tero) e Gabriel Penabade Outeiro (Lucho)

Deseño escenografía: Luis Javier Iglesias Rodríguez, Inacio Vilariño

Deseño de iluminación: Inacio Vilariño

Técnico de iluminación: Xacobo Castro

Deseño de espazo sonoro: Benxa Otero

Deseño de vestiario: M. Olga Vieites

Comunicación social: Urdime

Páxina web: Urdime

Rexistro en video: Tingalaranga

Deseño gráfico: Inacio Vilariño

Impresión gráfica: Alvarellos S.L.

Dimensións: Boca: 7m Fondo: 4m Alto: 3m – epazo óptimo

                       Boca: 4,8m Fondo: 3m Alto: 3m – espazo mínimo
Montaxe: 4h Desmontaxe: 3h
Duración: 70 min

O Asombro con Manuel María

É un espectáculo de teatro de obxectos con textos de Uxío Novoneyra e Manuel María que pretende conmover e achegar ao público a obra de dous dos máis grandes poetas galegos do século xx.

Tratando de poñer en valor a obra destes poetas a través dunha biografía conxunta facémonos partícipes da celebración do Día das letras galegas adicado a Manuel María no 2016.

Procuramos as chaves das voces poéticas destes autores a través dunha pequena escolma da súa obra, da que non podían faltar poemas de Uxío Novoneyra como Os eidos, Poema dos Caneiros, Romance de Manuel de Ribadaira, Letanía de Galicia ou de Manuel María algúns dos poemas máis sonados de Terra Chá, Carné de Identidade, Poema/lembranza/pasado/futuro/solidario, o longo poema a muller galega de Remol ou o canto elexíaco a Uxío Novoneyra.

O Asombro con Manuel María é teatro concreto, material, de obxectos sinxelos: nove libros; un xiz; unha mesa negra que fai de pizarra e simboliza a Terra Chá do poeta Manuel María sobre a que se trazan percorridos e se erguen cos libros paisaxes simbólicas, escenarios onde se animan pequenos obxectos: unha xarriña branca da que cae a neve de papel, ou que se transforma nunha bailarina que xira e xira; unha tea vermella que lembra o xersei vermello que los falanxistas lle arrincaron ao neno Novoneyra e que, no espectáculo, se converterá no río Mandeo.

A palabra teórica do pensamento e a palabra poética actúan en conxunción cos obxectos, nun xogo entre a construción simbólico-abstracta e a animación dos títeres, ademais da estimulante acción sonora que recrea atmosferas case como no teatro radiofónico. A sonoplastia de Benxa Otero (corno inglés, guitarra eléctrica y loop station) é música igual que música é a palabra dos poetas e o movemento delicado dos obxectos que opera de xeito evocador, implícito e suxerinte, nunca dende o obvio ou o ilustrativo.

Un  espectáculo que ao igual que o título logra asombrar ao público, fascinándoo polo frescor impactante da proposta.

  • Textos de Uxío Novoneyra extraidos dos libros: Dos soños teimosos con preguntas de

    Emilio Araúxo, 1998. Do Courel a Compostela, 1988. Muller pra lonxe, 1986. Os Eidos 

    2, 1979. Elexías do Caurel e outros poemas, 1966. Os Eidos, 1955.

  • Textos de Manuel María dos libros: A Uxío Novoneyra, 1999. Escolma de Poetas de 

    Outeiro de Rei, 1982. Poemas para construír unha patria, 1977. Remol, 1970. Versos 

    para cantar en feiras e romaxes, 1969. Documentos personaes, 1958. Terra Chá, 1954.

  • Dramaturxia, posta en escena e actor: Inacio Vilariño

  • Música: Benxa Otero (guitarra eléctrica, corno inglés, máquina de escreber e lupeadora)

Rodarirrodari

 Espectáculo musical para público familiar

 Rodarirrodari,  é un espectáculo musical con acompañamento teatral, no que empregamos  a tradición dos contos de Gianni Rodari e tamén os monicreques, ofrecendo un espectáculo multidisciplinar cheo de ritmo e moito CHU CU RRU CHÚ!….  O tema do espectáculo da xogo para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que os músicos irán acompañando cos seus instrumentos  ao narrador Inacio Vilariño que xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.

 Un espectáculo sorprendentemente rítmico…. CHU CU RRU CHÚ…..

Elenco artístico

Inacio Vilariño: Voz

Benxamín Otero: Óboe

Félix Rodríguez: Batería

Carlos Quitá: Acordeón diatónico

Rodarirrodari – Fantoches Baj

Publicado el 2 nov. 2015

Espectáculo musical para público familiar.
Rodarirrodari, é un espectáculo musical con acompañamento teatral, no que empregamos a tradición dos contos de Gianni Rodari e tamén os monicreques, ofrecendo un espectáculo multidisciplinar cheo de ritmo e moito CHU CU RRU CHÚ!…. O tema do espectáculo da xogo para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que os músicos irán acompañando cos seus instrumentos ao narrador Inacio Vilariño que xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.

Outros espectáculos en repertorio

Tío Miseria

https://www.facebook.com/fantochesbaj.galiza/

Información de la página
Fundación en 2006
INFORMACIÓN DE CONTACTO
Llamar +34 981 937 424 / +34 679 946 957 / +34 619 920 335
Más información
Información
Fantoches Baj é unha compañía de teatro de títeres creada no ano 2006 en Lisboa por Inacio Vilariño, pero que na actualidade está radicada en Galicia.
Premios
Inacio recibiu no ano 2009 o Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na categoría de adultos por “Auga que non vas beber” e, no 2010, o mesmo premio na categoría infantil por “Fábula Galénica”. Ambas as obras foron publicadas pola Xunta e Baía Edicións.
No ano 2012 tamén recibiu xunto a Iván Suárez o premio de Banda Deseñada Castelao por “Titoán”, que foi publicado pola Deputación da Coruña, Demo Editorial e a libraría Komic.