Páxina dos Faladoiros, espazos de comunicación en lingua galega para quen quixer mellorar a súa competencia oral. Un lugar de aprendizaxe conxunta onde perfeccionarmos ou iniciarnos no uso do galego.
https://www.facebook.com/faladoiros
Grazas á boa resposta d@s voluntari@s e asistentes, en breves poderemos dar comezo as xuntanzas presenciais, estade atent@s ao calendario!
Os faladoiros queren ser un lugar de encontro e de conversa en galego para persoas que queiran comezar a falalo, mellorar o seu nivel ou simplemente pasar uns momentos amenos.
Gratuítos, dous días á semana na zona das Travesas, a que estás agardando para participar?
Inscricións e información en: faladoirosgalego@gmail.com
#faladoiros#faladoirosgalego#faladoirosvigo#linguagalega#galego#VigoenGalego#VigoemGalego
Ola! Un grupo de voluntari@s de Vigo estamos a pór en marcha esta iniciativa diriquida a persoas que queren mellorar a súa competencia en lingua galega a través da práctica. Agradecemos difusión.
FOTO PORTADA:
GALEGAFALANTES DA CIDADE DE VIGO, REBELDES, IRREDENTOS E INCONFORMISTAS CO ESMORECEMENTO DA LÍNGUA GALEGA NA GALIZA.

E aínda tivemos novas incorporacións nos días que seguiron… Grazas a tod@s, en breves damos un pasiño máis.







