Páxina dos Faladoiros, espazos de comunicación en lingua galega para quen quixer mellorar a súa competencia oral. Un lugar de aprendizaxe conxunta onde perfeccionarmos ou iniciarnos no uso do galego.
Os Faladoiros Vigo presenciais continúan cada semana creando espazos reais para falar galego, compartir experiencias e gañar confianza coa lingua. 
Un ambiente próximo, conversas naturais e persoas con ganas de practicar e vivir o galego con normalidade.
Se estabas pensando en dar o paso… este é o momento! 
Seguimos activas, seguimos falando, seguimos construíndo comunidade.

