Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
FAIRPORT CONVENTION
Fairport Convention (1968)
What we did on our holidays (1969)
Unhalfbricking (1969)
Liege & Lief (1969)

Istes son os catro evanxeos canónicos do folk-rock. Despois dunha primeira Epifanía homónima, no ano do Senhor de MCMLXIX Fairport Convention gravaron tres álbums que trocarían a maneira de entender a música. Logo virían máis, moitos máis (aínda están en ativo), mais coma istes, ningures.

O problema fundamental pra comprender a ista banda é que non hai dous discos coa mesma formación; só Simon Nicol estivo en todas as bandas. Son tamén o paradigma de “banda seminal”. De eiquí sairían as tan prolíficas e importantes carreiras de Richard Thompson, Sandy Denny, Ian Matthews, Anshley Hutchings e Dave Swarbrick.

Aínda que nun comezo os seus discos pasaron completamente desapercibidos, o proceso evolutivo que remata en “Liege & Lief”, fai deste o considerado disco máis influente na historia do folk-rock. Amais de componher temas lendarios, FC foron os primeiros en reinterpretar a tradición escocesa e irlandesa adaptándoa aos instrumentos eléctricos e a batería. O seu talento e imaxinación conduciulles a unha lúcida exploración psicodélica sen caer no esquema alambicado da progrésoa ou a simplicidade do blues. Non digo máis.

Calquera siadeiro de Bob Dylan, medianamente informado dos seus gostos, sabe que nos 70 declarou que ista era a súa banda predilecta. Non en balde, cando foi convidado a tocar en Sevilla con motivo da Expo 92, na que se xuntaron os mellores guitarristas da historia baixo o título “Lendas da guitarra”, só accedeu a facelo se era acompañado por Richard Thompson, que, por certo, non estaba entre os seleccionados. A organización tivo que localizalo a fume de carozo e metelo no primeiro avión disponhibel, porque Dylan seguía veña e dálle. Tamén lembrar que Sandy Denny non faltou nas listas da “Theme estafe radio hour” que Dylan programaba na XM Satellite Radio. Foi algo máis que unha deferencia pra aos músicos que tan enxenhosamente reinterpretaron as súas cancións.

ESCRITA POR PEPE CHAS.

https://www.facebook.com/profile.php?id=100005977788586

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE POR RUBÉM NOVO.

FOTO CABECEIRA SANDY DENNY DA MAN DE https://www.udiscovermusic.com/