Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 31/01/2014
Hora: 19:00 - 23:30


8 grupos usuarios dos Locais de Ensaio proporán ao público unha viaxe musical que irá desde o Rock alternativo até a música tradicional, pasando polo Blues ou o Pop, nas 4 horas de duración do evento. Os concertos terán lugar no auditorio do Ágora o venres 31 de xaneiro, comezando ás 19.00 h.
Eses grupos participantes son:
– Breathing Loud
– Hooked
– B.A.R.
– Beards & Beers
– Tremebundos
– Say my name
– Moonk
– Seisporoito

Unha vez máis, contamos con toda a cidadanía para apoiar, por un lado á canteira musical da Coruña, e polo outro a iniciativa solidaria, ao ser requisito entregar no Ágora o convite gratuito (que se poderá obter de balde tanto no Centro Municipal de Información Xuvenil, como nos propios Locais de Ensaio (Acceso pola porta 12 do Coliséum), nos seus respectivos horarios de apertura) xunto con 3 Kg de comida non perecedeira, que unha vez máis irán directamente á Cociña Económica. Os produtos máis eficaces para o seu fin humanitario son: Café, azucre, spaguetti, conservas de todo tipo, embutido envasado, fariña, sal e pan raiado. Quenes así o desexen, tamén poderán apoiar a iniciativa doando produtos de aseo (xeles de baños, desodorizantes, , cepillos de dentes, pasta dentífrica, afeitadoras desechabeis e/ou escuma de afeitar), ou ben produtos para bebés (leite de continuación, cueiros, toalliñas, cereais ou potitos).
19:00 – 23:30

15010 La Coruña

 

 

Lugar: Ágora
Ciudad: A Coruña

Carga Mapa....