Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 22/11/2015 - 23/11/2015
Hora: 20:00 - 1:00


Toques do Caramulo 
[domingo 22 de novembro, 20:00]

ATURUXO (BUEU)

Toques do Caramulo é o nome dun dos mellores grupos en vivo do folk portugués. A banda de seis membros conecta o son áspero e orixinal do centro de Portugal con arranxos contaxiosos, frescos e modernos. Ao facelo, achegan o seu saber facer como músicos renovando cancións parcialmente esquecidas, ás veces ironicamente interpretadas, pero sempre acompañadas dun gran respecto pola orixe e as tradicións do pobo da Serra do Caramulo, describindo a beleza da súa patria nas súas cancións. O resultado desta mestura creativa son obras de arte sensibles: nostálxicas, pero tamén descaradas e, por suposto, bailables!

Pero non só a habilidade musical fai a audiencia moverse. Toques do Caramulo impresiona particularmente por unha impoñente presenza no escenario, sobre todo polo seu líder Luís Fernandes. A súa enerxía e o seu devezo por tocar son as principais razóns do gran éxito desta inusual banda.

O público experimenta un espectáculo alegre, coa participación de maiores e pequenos. O resultado é máis ca un concerto. Ao final, a xente pode sentir, con perplexidade, que eran parte dunha actuación colectiva creada pola banda e o público.

Do atmosférico fondo musical son responsables unha variedade de instrumentos: acordeón, frauta, violín, guitarra acústica, contrabaixo, e diferentes tambores para o acompañamento rítmico. Cos ‘Toques’ estás a bailar, cantar, xogar e rie. Moita diversión rodeada de música vibrante. Un toque de Caramulo!

Máis información: – http://www.dorfeu.pt/criacao/toquesdocaramulo –http://toquesdocaramulo.bandcamp.com

Lugar: ATURUXO
Ciudad: BUEU

Carga Mapa....