• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 10/05/2014 - 11/05/2014
Hora: 22:00 - 1:00


10/05/2014 – 5/8€

SALA MARDI GRAS (TRAVESÍA DE A TORRE. A CORUÑA)

Apertura de puertas 22:00 . Anticipada en Portobelo, www.salamardigras.com: 6€. Taquilla: 8 €.

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todas as mañás en Jagermeister combinado con augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados. Festa, baile e diversión a ritmo de tupa-tutupá.

O quinteto menos serio do panorama musical chega á Coruña no medio da xira de presentación do seu disco “A MUERTE”, que, como todos os seus traballos, non se edita en formato físico e só se pode adquirir gratuitamente na rede. Terbutalina non vende a súa música; Terbutalina vende a súa suor!

O 10 de maio, vén á Mardi Gras para ser parte da maior festa que viviu A Coruña desde que María Pita perdeu a inocencia.

Thee Blind Crows nace do cruce de camiños entre o blues e o punk. Un son frenético que te fará vibrar ata a extenuación. Influenciados por mil bandas que van desde Inmortal Lee County Killers, R.L. Burnside, The Sonics aos primeiros White Stripes, este enérxico dúo de melómanos pontevedrés acadou un son único e persoal, que te trasladará desde o Mississippi a Detroit a través dos sons máis

primitivos e pantanosos. Un explosivo que ao detonar expande toda a súa metralla composta de blues, garage, country e punk alcanzando calquera forma de vida, rompendo pescozos e provocando convulsións.

Lugar: mardi gras
Ciudad: a coruña

Carga Mapa....