• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 15/04/2016 - 16/04/2016
Hora: 22:30 - 1:00


VIERNES 15 22:30 H.
Punk/Rock
Anticipada: 6€ en Sala SUPER 8 Ferrol (JUEVES)
Taquilla: 8€
SUPER 8 (C/REAL 223.FERROL)
Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.
Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por infinidade de festivales e salas. De feito, en 2014 o seu directo levounos a ser seleccionados dentro do circuíto Artistas en Ruta.
Terbutalina conta xa con varios traballos discográficos. O seu penúltimo LP, A MUERTE, resultou gañador do Premio a Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente. En novembro de 2015 lanzan o seu último traballo, AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, gravado no Estudio A Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Ghetto Recorders (Detroit), e que é editado por Folc Records e Grabaciones de Impacto.
Lugar: SUPER 8
Ciudad: FERROL

Loading Map....