Hora: 20:30 - 22:00
Duración: 90 minutos
Calificación: + 12
Unha muller, que se achega aos 50 anos, sae unha noite da súa casa e decide non volver. Agóchase nun estudio duns 30 metros cadrados que lle conseguiu unha amiga súa. O estudio está nun barrio humilde, unha zona da cidade que non coñecía moito. Non quere saír de aí. Quere desaparecer durante un tempo. Estar soa. Comer pizza, ver películas e partidos de fútbol. Quere illarse do mundo. Pero por que? Que lle pasou pola cabeza aquela noite cando decidiu deixalo todo? Que é o que lle fixo cambiar a súa vida completamente?
Tres amigas, amigas da adolescencia coas que non perderá o contacto, preocúpanse por ela. Era unha muller aparentemente feliz, cun fillo e un marido. As tres a visitan e a pesar de que ela non se deixa axudar, as amigas apóiana, fanlle compañía. Tratan de facela recapacitar, pensan que tal vez se trata dunha depresión, pero a muller que o abandonou todo parece que está máis lúcida ca nunca. Cando lle preguntan por que marchou da casa, ela responde vaguidades. Oculta a verdadeira razón. De momento non ten ganas de contalo. En certo modo, a súa acción (abandónalo todo) contaxia pouco ás outras, que se cuestionan a vida que levan. Sen darse conta, unhas fan de Espello das outras. Volverán á súa vida de antes? Cando a historia parece que seguirá o plácido camiño das reflexións sobre o oficio extremadamente duro de ser muller cerca dos 50, todo fai un xiro insospeitado. E a historia de sentimentos transfórmase nunha comedia de situación, onde non faltan a acción e o suspense.
AUTOR E DIRECTOR: PAU MIRÓ. INTÉRPRETES: MAMEN DUCH, MARTA PÉREZ, CARME PLA, MONTSE GERMÁN. ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: ALEJANDRO ANDÚJAR. ILUMINACIÓN: ALBERT FAURA. SON: ROGER ÁBALOS. COREOGRAFÍA:ROBERTO G. ALONSO. PRODUCIÓN EXECUTIVA: DANIEL LÓPEZ-ORÓS.

Ciudad: A Coruña