Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 12/05/2016 - 13/05/2016
Hora: 21:30 - 0:30


JUEVES 12 MAYO

21:30 H

Cazuza Orzan

calle sol 31, 15003 La Coruña
Información
LOS SANTOS :

Tras o seu periplo por América latina, onde presentaron o seu último disco, “Mátame camión”, a banda galega inicia a xira de presentación deste traballo pola súa terra.
Mátame camión é un álbum conceptual adicado á muller traballadora do século XXI, con temas como “A cona cantareira” (El coño cantor), “Croquetas de bacalao”, “El Monstuo” ou o tema que dá título ao álbume, “Mátame camión”.
O trío (no bo sentido da palabra) aproveitará a ocasión para presentar algúns dos temas do seu próximo disco, que levará por título “A Benalmédena e despois a putas”, disco que gravarán cos cartos que lles debe o Concello de Sada.

– Cucaracha: flauta travesera
– Bule Bule: crótalos
– Giallo Biaggra: trombón

lossantos.bandcamp.com
facebook.com/Los-Santos-banda

JOHN HAPPY DRIVER:

John Happy Driver é un espexismo causado pola acomulación de gases contaminantes producidos polo autobús do happy punk. Algún dos efectos da acomulación de gases no cerebro podían ser as ganas de bailar pogo cos vellos compartindo a súa drojodependensia. Pero dádenos unhas birras, aljo de atensión e preparádevos para letras absurdas e ritmos “Tum-paeros”. Nós poñemos a maxia. Advertensia: Concertos non aptos para maiores de 60 anos que non saben mover o bastón a ritmo do punk felish.

– Torres: Jitarra e vos.
– Kúber: Baixo, vos e coros.
– Jesse: Batería.

johnhappydriver.bandcamp.com
facebook.com/john.happydriver

Lugar: CAZUZA ORZÁN
Ciudad: A CORUÑA

Carga Mapa....