Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 27/03/2015
Hora: 20:30 - 23:00


cosacos_WEB
 Venres, 27 de Marzo de 2015, 20:30h TEATRO COLON (AV.DA MARIÑA.A CORUÑA)
Danza

LEYENDAS COSACAS

A Compañía Estatal de Danza ‘Cosacos de Rusia’ (‘Казаки России’) – é unha das máis importantes compañías profesionais do país. O seu novo espectáculo chámase ‘Leyendas Cosacas’.
A compañía foi creada en 1990 na cidade de Lipezk por Leonid Milovanov, artistas de Honra de Rusia. Actualmente o seu elenco está composto por 50 artistas de diferentes xéneros: bailaríns (32), cantantes (9) e orquestra de cámara (9) que interpretan as cancións tradicionais con arranxos contemporáneos.
O programa pode entenderse como unha enciclopedia da vida cosaca presentada en forma viva con moitos efectos escénicos, proxeccións e traxes espectaculares que representan a historia e tradicións das rexións nas que vivían os cosacos: dende o río Don e o mar Negro ata Siberia e o Lonxano Oriente. O seu repertorio compóñeno máis de 20 danzas, 50 cancións e múltiples composicións instrumentais.
A compañía é ben coñecida en máis de 30 países como Estados Unidos, Gran Bretaña, Alemaña, Grecia, Dinamarca, España, Italia, Canadá, China, Corea, Portugal, Francia, Suecia, Noruega, Suiza, Polonia, Rumanía, etc. Cosacos de Rusia é a única compañía rusa de danza que participou na Gran Gala do 60 Aniversario de raíña de Gran Bretaña en maio de 2013.
A compañía coa súa arte intenta unir os diferentes países e culturas, organiza tamén o festival Amigos na Casa dos Cosacos de Rusia, que todo os anos se pode ver na cidade de Lipetsk ás beiras do río Don.

Lugar: Teatro Colón
Ciudad: A Coruña

Carga Mapa....