• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 05/03/2016 - 06/03/2016
Hora: 22:30 - 0:30


LA BIEN QUERIDA (05 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 12€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 15€ – Hora
apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h)
A publicación de cada un dos discos de La Bien Querida convírtese nun acontecemento agardado por moit@s
buscadores de tesouros, xa que cada un deses discos contén xustamente iso, pezas musicais brillantes que convirten
minutos triviais en momentos únicos para disfrutar de sensacións que todos temos sentido e desexamos volver sentir.
A pesares dunha clara evolución ao longo da súa carreira, con guiños ao flamenco ou á electrónica, La Bien Querida
soubo manter o seu sitio, respaldada pola coherencia e a elegancia das súas composicións, que con moita frecuencia son
colocadas nos postos máis altos das listas do mellor do ano en revistas especializadas como Rockdelux, Mondosonoro,
El País, jenesaispop, Ruta 66, etc…
No mes de marzo visitará Santiago e traerá baixo o brazo o seu último disco, “Premeditación, Nocturnidad e Alevosía”,
que reúne as cancións publicadas nos seus tres maxi singles previos. Convírtese así nunha compilación perfecta,
formada por pezas sublimes, resultado da comunión entre a intensidade das emocións que transmiten e a distancia coa
que son executadas.

Lugar: SONAR
Ciudad: SANTIAGO

Carga Mapa....