• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 23/04/2016 - 24/04/2016
Hora: 0:00 - 3:00


Músicas do Brasil e de aquí con matices brasileiros

SÁBADO 23 ABRIL 2016

00:00 H

boulevard fisterra

Rua Alcalde Fernández 33, 15155 Finisterre
Información

Este sábado temos unha cita musical de verdadeiro luxo.E non é o venres, como adoitamos a facer, é o SÁBADO, pois o día anterior non era posible , e non nos íamos a perder a oportunidade de disfrutar deste concerto por unha cuestión de día da semana.
Dito ésto,pasamos a explicar a proposta musical que nos chega dende Brasil e dende Asturias, para este sábado no Boulevard.
Vaudí Cavalcanti é un recoñecido músico brasileiro , afincado en Asturias fai máis de 20 anos e que xa nos visitou noutas ocasións con diferentes proxectos que capitanea.A súa versatilidade é equiparable a moi poucos músicos que nos coñezamos, e, mostra delo, é o incesante número de concertos que non para en ningún momento de dar.
Nacido en Pernambuco, Vaudí supón unha mochila chea de coñecementos musicais que abarcan infinidade de sons brasileiros, como a bossa nova, a samba, ritmos baianos,ijexá,etc e outros universais como o funk, o reggae, o pop ou o rock.
Un traballo moi recente foi o disco “un poco de tí” onde quere facer unha homenaxe á terra que o acolliu e permitiulle desenrolar a súa carreira musical: Asturias.
11 cancións do máis coñecido artista asturiano Victor Manuel, foron a base para éste traballo, onde pasou os seus grandes éxitos polo filtro e polos matices dos sons brasileiros.Un traballo realmente fermoso, que o levou a abrir os concertos da Xira “50 años no son nada”, que Victor Manuel fixo con motivo da celebración do seu medio século no mundo da música…case nada.
Jurandir Santana, músico de prestixio, non solo no Brasil , onde comparte escenario con artistas da talla de Caetano Veloso,Toninho Horta ou Gilberto Gil.
Reputado músico que é demandado por cidades do propio USA para impartir cursos,charlas ou sesións de traballo musical propiamente dito.
Un recoñecido músico, tanto en Europa como en Usa, onde expón os seus amplos coñecementos sobre a infinidade de variantes musicais dun país como Brasil, con unha sólida cultura e vitalidade a nivel musical.Esta búsqueda i experimentación musical, lévao a facer verdadeias xoias musicais onde , tanto poden estar presentes os ritmos baianos, a bossa nova, o jazz ou outros xéneros.
¿Qué nos traen estos magníficos músicos ao Boulevard?

Un repertorio vital, alegre, rítmico, e onde podemos encontrar unha variedade instrumental como a guitarra clásica, a guitarra baiana (inventada en Brasil, un instrumento moi curioso e sorprendente), a viola caipira e outros, que actúan en consonancia có variado repertorio:
Sons de Bahía, de Pernambuco,
Versións de Cancións Españolas pasadas polo filtro do Brasil
Cancións do disco homenaxe a Victor Manuel e Asturias
Clásicos do Brasil: samba, bossa nova

En definitiva, un emocionante viaxe sonoro polo amplo universo musical destos dous músicos de primeira calidade.

Como sempre, a partir de medianoite e coa entrada libre e de balde.
Non perdades este tren…non sempre pasa dúas veces.

Lugar: BOULEVARD LOUNGE
Ciudad: FISTERRA

Carga Mapa....