Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 09/04/2016 - 10/04/2016
Hora: 22:00 - 0:30


FREDI LEIS (9 de Abril – Teatro Principal – Entradas Esgotadas – Hora apertura: 21:30h – Comienzo: 22:00h)
Despois de conseguir en apenas uns meses máis de 400.000 escoitas nas plataforma musical Soundcloud, o artista compostelano presenta “Días Grandes”, o seu primeiro EP. Gravado entre Madrid e Sevilla, este traballo está composto íntegramente por él e foi producido por Ismael Guijarro, descubridor de Rozalén, artista revelación do ano.
O 13 de novembro saía á venda o disco acadando en poucas horas o Top 10 en iTunes, plataforma que o escolle entre os seus “novos artistas destacados”. ‘Estrellas fugaces’, o primeiro sinxelo, foi presentado en Radio 3 por Santi Alcanda e en Cadena Dial por Rafa Cano.
Habitual do circuíto nacional de salas, colgou o cartaz de “todo vendido” no Teatro Principal de Santiago e catro veces na Sala Libertad 8 de Madrid. Colaborou con músicos como Rozalén, Marwan ou Diego Ojeda, entre outros.
O artista defínese como “un compositor e intérprete de sensacións. Os días están cheos de amores nun traxecto, abrazos dunha vida, emocións a tempo e a destempo, e moito máis. A miña música busca transmitir todo isto da forma máis directa posible”.
Fredi Leis presentou “Días Grandes” nunha abarrotada sala Galileo Galilei de Madrid. Tamén na Sala Sónar, de Santiago de Compostela, en dúas datas. As entradas esgotáronse ás poucas horas da súa sáida á venda.

Lugar: TEATRO PRINCIPAL SANTIAGO
Ciudad: SANTIAGO

Carga Mapa....