Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 16/04/2016 - 17/04/2016
Hora: 22:30 - 1:00


Sábado 16 de abril

Concierto 22:30. Anticipada 7€ en Ummagumma. Taquilla 7€.  

MARDI GRAS (A CORUÑA)

Para unha vez que saímos é a nova entrega discográfica da Familia Caamagno, a banda fundada no 2011 por 5 furibundos amantes do pop e o rock’n’roll na vila de Sigüeiro (A Coruña), e que supón a súa confirmación como un dos conxuntos músico‐vocais a ter máis en conta dentro do cada vez máis vibrante panorama musical galego.

Trala excelente acollida do predecesor Hai que andar cos tempos! por parte de medios especializados como El Sótano de Radio 3, que escolle o tema Surfistas Nazis coma unha das 100 mellores cancións do ano 2014, ou como a revista Mondo Sonoro, que selecciona o disco entre os 3 mellores de Galicia dese mesmo período, a Familia Caamagno decide repetir gravación nos Estudios Circo Perrotti de Xixón, por onde xa pasaron artistas de recoñecemento internacional como The Cynics ou The Fleshtones, e conta novamente con Jorge Explosión para producir os seus temas.

Os seis novos números que configuran este mini LP fan un variado percorrido polos diferentes ritmos musicais que tanto idolatran os nosos protagonistas: dende o rock’n’roll bailongo e acelerado, ao que xa nos teñen acostumados, de Monstro Subnormal ou Eu Moto Run‐Run, pasando pola escuridade garaxeira de O Tempo do Lobo, os 60’s máis clásicos de Lausanne, e rematando por terreos menos explorados polos Caamagnos como a lixérsica Fuga de Cerebros ou a power pop Non saio máis. A veterana disqueira Lixo Urbano, que no 2015 cumpríu 20 anos de actividade, é a encargada de editar a gravación en formato vinilo e disco compacto, e a Familia Caamagno encargarase de executalo ao vivo nos seus xa afamados e enérxicos shows, coa sa intención de cumprir un dos seus consabidos obxectivos fundacionais: corromper e dexenerar á mocidade do século XXI a través do baile e a diversión lasciva do rock’n’roll.

Lugar: mardi gras
Ciudad: a coruña

Carga Mapa....