• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 17/04/2015
Hora: 20:30 - 23:00


Venres, 17 de Abril de 2015, 20:30h

TEATRO COLÓN (AV.DE LA MARINA.A CORUÑA)

Prezo: 20 € (VR) / 22 €
Duración: 95 minutos
Calificación: +15

SINOPSE

Vicente, que vai a ser pai por primeira vez, acode convidado a cear á casa da súa irmá Isabel e o seu marido Pedro, onde tamén está o seu amigo da infancia Carlos. Máis tarde aparece Ana, a súa embarazada muller, que coma sempre vén con retraso. Trátase de celebrar a próxima chegada do bebé. Expóñenlle todo tipo de cuestións sobre a súa futura paternidade e os cambios que supón na vida dunha parella, sen perder nunca o sentido do humor. Cando lle preguntan se xa escolleu un nome para o futuro neno, a súa resposta deixa a todos coa boca aberta … dende logo, non é para menos. A partir de aí xérase un debate que vai a crear un conflito detrás doutro, cada un máis sorprendente e hilarante, e que cuestionará o carácter de cada un e a relación entre todos os personaxes.

FICHA ARTÍSTICA

AUTORES: MATHIEU DELAPORTE, ALEXANDRE DE LA PATELLIÈRE. VERSIÓN:JORDI GALCERÁN. DIRECCIÓN: GABRIEL OLIVARES. ELENCO: AMPARO LARRAÑAGA, JORGE BOSCH, ANTONIO MOLERO, CÉSAR CAMINO, KIRA MIRÓ.ESCENOGRAFÍA: JOAN SABATÉ. ILUMINACIÓN: TXEMA ORRIOLS.CARACTERIZACIÓN: TONI SANTOS. SON: DAMIEN BAZIN. ESTILISMO: ROSA SOLANO. FOTOGRAFÍA: SERGIO PARRA. DESEÑO GRÁFICO: JAVIER FRANCO, DIEGO MARTÍN. DIRECCIÓN TÉCNICA: DAVID GONZÁLEZ. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: VENCI KOSTOV. PRODUCIÓN: CARLOS LARRAÑAGA FRANCO.

Elnombre_WEB
Teatro

EL NOMBRE

Estreada no Teatro Edouard VII de París en setembro de 2010, convértese nun dos maiores éxitos da carteleira parisina. Despois de permanecer durante toda a tempada e tras finalizar as súas representacións en xuño do ano seguinte, realízase unha película absolutamente fiel ao texto teatral e que tamén supón un enorme éxito en toda Europa, sendo nomeada a cinco premios Cesar e obtendo dous deles.
A peza é moi fiel ao estilo francés, recordando en moitos momentos a obras de autores da talla de Jaoui Bacrí, Thiery, Sibleyras e especialmente Yasmina Reza. UN DIOS SALVAJE, producida nas súas versión castelá e catalá polo mesmo equipo, levou un percorrido teatral e cinematográfico moi similar no noso continente. Co mesmo éxito realizáronse versión en diferentes países do mundo.
Parte dun primeiro conflito cunha importancia relativa, con consecuencias que pronto irán agrandándose e aflorando os verdadeiros problemas entre os seus protagonistas. Todo isto cunha linguaxe especialmente mordaz e con esa habilidade para facernos sentir que, as situacións que presenta, nalgún momento da nosa vida puideron ocorrernos a todos.
A identificación cos personaxes é inmediata. É próxima. Calquera familiar, amigo, marido ou esposa puido poñernos nesa situación. A dun vello rancor gardado, a de tomar partido por algo ou por alguén. E oxalá sempre todos os conflitos puidesen tratarse na vida real co mesmo sentido do humor con que o fai esta obra. Cremos que se trata dun texto enriquecedor para o público que o escoite.

Lugar: Teatro Colón
Ciudad: A Coruña

Loading Map....