Hora: 20:30 - 23:30

15003 A Coruña)
Duración: 120 minutos
Calificación: + 12
- Venres, 14 de Novembro de 2014 | 20:30
- Sábado, 15 de Novembro de 2014 | 20:30
EL LENGUAJE DE TUS OJOS, de P. MARIVAUX
Este texto pareceume belo, enxeñoso, sorprendente e sobro todo oportuno. Belo porque ten unha linguaxe elaborada pero trátase dunha prosa sinxela, unha prosa directa aos sentidos, á intelixencia e ao corazón. Un auténtico pracer escrito para ser dito, sentido e escoitado.
Porque nesta función non se fala de amor senón que os personaxes namóranse, non se fala de corruptelas senón que vemos como os personaxes caen rendidos nas tentacións materiais e pasionais. E cando digo sorprendente é porque parecería que os personaxes da función aínda sometidos a un texto, a un proceso escrito polo autor tivesen a vontade de saltalo, de dar a volta ao camiño trazado e facer a súa santa vontade provocándonos unha sensación de modernidade e sorpresas continuas.
A miña intención, tarefa nada sinxela, sería poder transmitir ese calafrío que provocan os clásicos cando, a pesares do tempo transcorrido dende que foron concibidos, seguen falando ao home contemporáneo, transcenden no tempo e nos falan do noso día a día, da nosa esencia, do que perdura e perdurará a través dos tempos. Unha crítica feroz e divertida chea de comprensión cara nós mesmos.
AMELIA OCHANDIANO
SINOPSE
FICHA ARTÍSTICA
Ciudad: A Coruña