• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 15/11/2014
Hora: 20:30 - 23:30


para_web

TEATRO COLÓN
Avenida de la Marina s/n
15003 A Coruña

Prezo: ANTES 06/11/2014 18€ / 16€ (VR) A PARTIR 07/11/2014 20€ /18€ (VR)
Duración: 120 minutos
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 14 de Novembro de 2014 | 20:30
  • Sábado, 15 de Novembro de 2014 | 20:30

Este texto pareceume belo, enxeñoso, sorprendente e sobro todo oportuno. Belo porque ten unha linguaxe elaborada pero trátase dunha prosa sinxela, unha prosa directa aos sentidos, á intelixencia e ao corazón. Un auténtico pracer escrito para ser dito, sentido e escoitado.

Porque nesta función non se fala de amor senón que os personaxes namóranse, non se fala de corruptelas senón que vemos como os personaxes caen rendidos nas tentacións materiais e pasionais. E cando digo sorprendente é porque parecería que os personaxes da función aínda sometidos a un texto, a un proceso escrito polo autor tivesen a vontade de saltalo, de dar a volta ao camiño trazado e facer a súa santa vontade provocándonos unha sensación de modernidade e sorpresas continuas.

A miña intención, tarefa nada sinxela, sería poder transmitir ese calafrío que provocan os clásicos cando, a pesares do tempo transcorrido dende que foron concibidos, seguen falando ao home contemporáneo, transcenden no tempo e nos falan do noso día a día, da nosa esencia, do que perdura e perdurará a través dos tempos. Unha crítica feroz e divertida chea de comprensión cara nós mesmos.

AMELIA OCHANDIANO

SINOPSE

A Princesa de Barcelona namorouse de Lelio, un home misterioso á cabeza do seu exército, pero temerosa de non cumprir co seu deber de casarse cun príncipe insta a Hortensia (amiga súa e confidente) a que investigue as orixes do seu amado e de paso lle insinúe os sentimentos que ten cara el para que este se anime a declararlle o seu amor. Hortensia sérvese de Arlequín (criado de Lelio) para as súas averiguacións e cando se atopa con Lelio para expresarlle os sentimentos da Princesa recoñece nel ao home que a salvara duns asaltadores e do que non puido esquecerse. O sentimento é mutuo. A partir dese momento Hortensia loitará en contra dos seus intereses para axudar á Princesa nunha unión que considera vantaxosa para todos, menos para o seu corazón. Doutra banda, o príncipe de Castela pediu a man da princesa de Barcelona par poder unir ambos reinos e así poder aliviar as tensións que durante anos manteñen estes dous reinos. Federico (cortesán ao servizo da princesa) quererá utilizar este conflito para trepar na corte e de paso quitar do medio a Lelio ao que considera o seu rival. Tamén Federico quererase servir de Arlequín para as súas maquinacións quedando este no medio de todos os conflitos, que irá resolvendo con inxenio, sentido do humor e ao lado da súa amante, Luisita, máis pícara que el se cabe. As intrigas e sobornos duns e doutros para conseguir os seus desexos ocultos, iranse desenvolvendo pouco a pouco nun brillante xogo escénico a ritmo de música de Zarzuela ata que as miradas de todos nos desvelen os seus verdadeiros sentimentos, que ao final son os que decidirán o desenlace.

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR. P. MARIVAUX. VERSIÓN, COREOGRAFÍA E DIRECCIÓN. AMELIA OCHANDIANO. REPARTO. CRISTINA CASTAÑO, IKER LASTRA, REBECA VALLS, JACOBO DICENTA, JUAN GEA, BEATRIZ BERGAMÍN. ESCENOGRAFÍA. RICARDO SÁNCHEZ CUERDA. VESTIARIO. ROSA ENGEL, Mª LUISA ENGEL. ILUMINACIÓN.FELIPE RAMOS. PRODUCIÓN. TEATRO DE LA DANZA DE MADRID.
Lugar: Teatro Colón
Ciudad: A Coruña

Carga Mapa....