• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 26/04/2015
Hora: 19:00 - 20:15


Domingo, 26 de Abril de 2015, 19:00h

TEATRO COLÓN (AV.DE LA MARINA. A CORUÑA)

Prezo: ANTES 19/04/2015: 8 € (VR) / 10 €. A PARTIR 20/04/2015: 10 € (VR) /12 €
Duración: 75 minutos
Calificación: TP

FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETES: CORAL POLIFÓNICA EL ECO, ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA.VIOLÍN SOLISTA: CLARA JUMI KANG. DIRECTOR CORAL POLIFÓNICA EL ECO:PEDRO MARTÍNEZ. CONCERTINO/DIRECTOR OCGa: ROGELIO GROBA OTERO.

OCGa_WEB
Música

CONCERTO 20º ANIVERSARIO DA OCGa

Orquestra de Cámara Galega presenta a gala de celebración dos 20 anos da sua fundación. Para unha efeméride tan especial, a OCGa deseñou un variado programa con obras tan emblemáticas como as “Catro Estacións” de Vidaldi e unha segunda parte con obras do compositor galego Rogelio Groba, referente na actividade artística da orquestra nestes vinte anos, e a fermosa Misa Brevis de Gounod.

O concerto contará coa presenza estelar da violinista coreana Clara Jumi Kang, gañadora dos máis prestixiosos concursos de violín coma Seoul, Sendai ou Indianapolis, o que a levou a presentarse de solista en xiras e concertos por América, Europa e Asía con orquestras como a Tokyo Orchestra, Moscow Philharmonic, Viena Chamber Orchestra, Seoul Philharmonic… Considerada polo DongA Times, xornal máis prestixioso do seu país, coma unha das 50 persoas máis influentes no futuro en Corea do Sur, Clara Jumi fará o seu debut en Galicia nesta colaboración especial coa OCGa.

Na segunda parte a OCGa compartirá escenario coa Coral Polifónica El Eco, auténtico referente nacional e coro máis antiguo en activo de toda a península ibérica con 133 anos de concertos e galas líricas. Un referente e inspiración para a orquestra no seu vinte aniversario e exemplo de colaboración entre dúas formacións musicais senlleiras na vida musical coruñesa.

Lugar: Teatro Colón
Ciudad: A Coruña

Loading Map....