• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 17/10/2015 - 18/10/2015
Hora: 20:00 - 1:00


Club del Río 
[sábado 17 de outubro, 22:00]

ATURUXO (BUEU)

En Club del Río, grupo madrileño apontoado en guitarras acústicas e voces cristalinas, resoan os ecos da gran canción latinoamericana, de Chabuca Granda, Mercedes Eslamiada, Atahualpa Yupanqui ou Elkin & Nelson, si, pero tamén do folk anglosaxón, de nova (Fionn Regan) e vella xeración (America).

En ’Monzón’ (2014, el Volcán Música), o álbum de estrea da banda que chega co aval da produción de Juan de Dios, hai harmonías vocais que poderían servir aos seus fins na Costa Oeste naqueles vellos e asollados anos sesenta e guitarras que se encerellan en danzas rituais ao ritmo dos bongós e outras percusións de incitación. Como demostran os dous singles de adianto ’Ídolos’ e ‘Erosión’.

Nacido das cinzas da banda de música electrónica Mute (logo Mutea), o corazón de Club del Río latexa na amizade de Álvaro Ayuso e Esteban de Bergia. Ás súas guitarras e voces súmanse Juan Feo (percusionista), Juan Serra (voces e percusionista), Jacobo de la Viña (baixo), Álvaro Baños (voces e teclado) e Adriano Pezzi (guitarrista) nestas cancións nas que os “ídolos de barro pregoan para xente que escoita sen ver”, hai tipos que buscan e non atopan “algo que odiar” e os “días grises deixarán paso”, confiemos, a “os días de sol”

E se todo isto non serviu para darlles unha idea do que este grupo vén achegar á música española, quizasi lles sirvan as propias palabras dos mozos: “Club del Río é necesidade e inquietude. No deserto é pinga de auga e no inmenso mar anaco de terra”.

Ou, mellor, achéguense a un dos seus concertos. A pesar da mocidade da proposta, contan cunha parroquia entusiasta, crecente e fiel, un grupo heteroxéneo que se reúne ao redor da súa música para compartir a vida, que é para o que sempre serviu o folk.

http://clubdelrio.bandcamp.com

Lugar: ATURUXO
Ciudad: BUEU

Carga Mapa....