Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 20/11/2015 - 21/11/2015
Hora: 21:30 - 0:30


20/11/2015 – Sala Capitol, Santiago DC
21:30 h.

CEDRIC BURNSIDE, BLUESMAN DO MISSISSIPPI GALARDONADO NOS MUSIC AWARDS, ACTÚA EN COMPOSTELA

IMG_0342

CEDRIC BURNSIDE (USA)

20/11/2015 – Capitol Club, Santiago DC. 21:30 h.

Adiantada 12* € / Taquilla 15 €

Venda de entradas en A Reixa Tenda, Ticketea.com, Salacapitol.com. *Máis gastos de distribución

5 Music Awards o mellor batería de blues do mundo

Con 13 anos, Cedric xa xiraba sen parar co seu avó, o lexendario bluesman do Missisippi RL Burnside, e dende entón non cesou no empeño de renovar a música dos seus pais: o Hill Country Blues. O gañador en 5 ocasións do galardón a millor batería do mundo no Blues Music Awards, Cedric Burnside aterriza por primeira vez en España presentando o seu increíble novo disco: “Descendants of Hill Country” e demostrarnos por que bandas con John Spencer Blues Explosion, Bobby Rus, North Mississippi All Stars…gravaron e xiraron con él e din que ten o verdadeiro beat de Mississippi, como o tiña o seu avó R.L. Burnside.

Naceu en Memphis, fillo de Calvin Jackson e Linda Burnside, criado en Holly Springs, Mississippi, na casa do seu avó R.L. Burnside, con toda a súa familia paterna. Á idade de 13 anos empezou a percorrer coa banda do seu avó, como batería, remplanzando ao seu propio pai Calvin Jackson.Pese a súa xuventude o curriculum de Cedric é impresionante en canto a participación en grabacións e xiras con toda a escena do blues de raíz no Sul dos Estados Unidos. Ainda co seu instrumento de referencia sempre foi a batería, Cedric como bon bluesman tamén demostra coa guitarra e a voz as influencias que recolleu do seu avó e outros guitarristas e músicos de blues.

2002. Cedric participa no álbum debut de Richard Johnston “Foot Hill Stomp” e sigue dous anos como batería da banda.

En 2006 asociouse brevemente con Garry Burnside, gravaron xuntos “Burnside Exploration” e abriron os concertos da xira americana de Widespread Panic. O mesmo ano, en Clarksdale, Mississippi, Cedric únese a Lightnin’ Malcolm, e ambos gravan e xiran o espectacular “Juke Joint Duo”.

O seu primeiro galardón do Blues Music Awards, dos q posúe 5, chega no 2009 ao mellor albúm de debut. O dúo estivo ese ano de xira co Blues Club Big Head, unha colaboración que os levou a gravar conxuntamente o disco, 100 anos de Robert Johnson en 2011, para conmemorar o centenario de nacemento de Johnson.

Outra colaboración importante foi a que fixo co seu irmán menor, Cody Burnside e o seu tio Garry Burnside. Os tres crearon The Cedric Burnside Project. Outra interesante de colaboración de Cedric co actor Samuel L. Jackson para dar vida a unha nova versión do clásico do blues “Stack-O-Lee”.

Dende o 2011 grava e xira con guitarrista e baixista Trenton Ayers. A súa carreira discográfica completase cos discos “Allison Burnside Express” (2014) gravado con Bernard Allison, fillo doutro mítico guitarrista e bluesamerican, Luther Allison.

Estamos ante un dos novos talentos con máis groove da nova escena do blues que segue brotando no delta do Mississippi, de xeración en xeración, e que chega por primeira vez a Galicia.

 

 

 

 

Prensa:
Mississippi Blues
Online Athens
Delta Groove

Lugar: SALA CAPITOL
Ciudad: Santiago de Compostela

Carga Mapa....