• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 15/04/2016 - 16/04/2016
Hora: 21:30 - 1:00


Formado en Lekunberri (Nafarroa) no ano 1994, BERRI TXARRAK é un power trío que conta xa con 8 discos de estudio máis un recopilatorio e un documental, demostrando a cada paso unha actitude e evolución que os fai totalmente imprevisíbeis.

BERRI TXARRAK (que significa ‘Malas Novas’ en euskera), xirou por todo o mundo, incluíndo tours por Europa e Sudamérica xunto a Rise Against, concertos abrindo para Pearl Jam o Sick Of It All… actuacións en grandes festivais como Hellfest (Francia), Fuji Rock (Japón), South By Southwest (USA), Canadian Music Fest (Canadá), Wilwarin (Alemania), Resurrection, Bilbao BBK Live, Azkena Rock Festival, Viña Rock… así como varias xiras por Reino Unido, USA e Asia.

Falar dun estilo concreto con BERRI TXARRAK resulta certamente complicado, xa que souberon enriquecer seu rock con tal inquietude que cualquera etiqueta vénlles pequena. No entanto, o selo persoal desta banda está na habilidade innata para a boa melodía, aquela que é capaz de transmitir unha emoción real. Non en van, o seu cantante Gorka leva anos reivindicando grupos como Weezer, Nirvana, Pedro The Lion ou os propios Beatles. Mención especial merecen súas letras, mensaxes que buscan cuestionalo (case) todo baseados en versos que a miúdo esixen varias lecturas.

Lugar:
Ciudad:

Map Unavailable