Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Fecha: 01/05/2016 - 02/05/2016
Hora: 20:00 - 0:30


About.Will
[domingo 1 de maio, 20:00]

ATURUXO(BUEU)

About.Will son tres pero tocan máis de tres instrumentos, teñen composicións arraigadas de cada un dos movementos musicais que influenciaron a cada integrante conxuntas aos seus estilos persoais. A súa música é maioritariamente instrumental aínda que ten partes vocais nalgúns temas. Levan unha formación de guitarra, baixo e batería que á vez combinan con teclados, un sintetizador launchpad para lanzar pistas de audio, percusión de man e harmónica nalgunhas partes xogando con proxeccións audiovisuais en directo.

About.Will caracterízase pola compenetración que logran sobre o escenario entre cada compoñente do grupo e o público a través das súas fluídas e viscerais interpretacións, compostas por composicións ricas en versatilidade e intensidade melódica combinadas cos diferentes sons de cada instrumento e son persoal.

http://aboutwill.bandcamp.com/

Lugar: ATURUXO
Ciudad: BUEU

Carga Mapa....