Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Esta é a nosa bandeira republicana e tricolor, a que nos representa e define o que somos.
Existen textos escritos do ano 447 no que se nomeaba xa o Galliciae Regno. E dende aquela ata hoxe, ano 2022.
Aos que vos molesta a bandeira que representa a nosa bendita Galiza vos pregunto: onde estaba daquela a vosa puta España????
Nin existía!!!
Moita da terra que pisades a día de hoxe existiu durante séculos baixo o nome de Gallaecia ou tamén Ylliqiya como a denominaban os árabes.
O nacionalismo español nace do odio aos antigos reinos históricos (as actuais nacións sen estado). Aliméntase no odio ao estranxeiro, ao pobre, á comunidade LGTBI, ás mulleres…
O noso nacionalismo nace do amor á nosa terra, a nosa lingua, á diversidade, ao matriarcado, a nosa xente e a todos os pobos do mundo. Porque galego non é o que nace na Galiza, galego é aquel ao que a Galiza lle nace no corazón.
O voso odio é unha pataleta de nenos, o voso imperialismo é un imperialismo fracasado. Mais a nosa causa é invencible.