Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCUCHANDO ELEFANTES

percorrera España coa súa nova xira “Por qué siempre cantáis en inglés”

que comezara en Solpores no Lagoeiro o vindeiro 27 de agosto.

O dúo galego máis “faino tí mesmo” do panorama pop-rock anuncia a xira de 2021 #PQSCEI (“¿Por qué siempre cantáis en inglés?”), Unha xira que comezará no festival Solpores no Lagoeiro (27 de agosto) e continuara en Barcelona (Sala Sidecar – 9 de outubro), Vigo (La Fábrica de Chocolate – 15 de outubro), Oviedo (La Salvaje – 6 de novembro), Ourense (CC Auriense – 13 de novembro), Valencia (La Salà – 26 de novembro) e Murcia (Sala Musik – 27 de novembro).

“¿Por qué siempre cantáis en inglés?” É o primeiro álbum en castelán de Escuchando Elefantes. E non só é o primeiro disco da banda en castelán, senón tamén o conxunto de cancións máis traballadas do dúo galego. Con el establécense coma un dúo poderoso de baterías rotundas e guitarras resgadas, que apoian dúas voces que se mesturan e cantan coa forza dun himno.

Escuchar Elefantes son dúas voces que chegan a soar coma unha. O dúo está formado pola crunhesa Sílvia Rábade, e Carlos Tajes, orixinario da Costa da Morte.

A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron coma músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos coma os gañadores do Oscar Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan, Hozier, Kodaline e Sinead O’Connor, entre outros.

Debutaron no 2012 co seu primeiro álbum de estudo totalmente independente, “Show & Tell”, recibindo unha xenerosa recepción do público que encheu as salas. A iste seguíronlle en 2014 “Happy Lonely People” e, en 2016, os dous dicidiron trocar o formato e intertrocar instrumentos en directo, un xeito de facer que tamén adoptaron en 2017 pra o seu terceiro álbum, “Hope”, aínda que un accidente de carro, paralizarou a súa actividade por un tempo, que agora retoman co seu cuarto disco, no que recorren ao castelán: “Por qué siempre cantàis en inglés?”

“¿Por qué siempre cantáis en inglés?” Está composto por cancións que falan moito sobor a vida, a morte, renacer, reconverterte a ti mesmo, os paus que che da a vida. Con este novo disco, a banda publica unha serie de temas rotundos cheos de forza e dinamismo, coma “Now”, “Brave Dissonant”, “Cada Vez” e “Falsa Vanidad”, enerxía que transmiten ao público ofrecendo o mellor de todolo seu repertorio ao vivo.

 

VENDA ENTRADAS

PREME NA LIGAZÓM

https://entradium.com/es/organizers/music-bus   

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)