• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A INVENCIÓN DE XESÚS DE NAZARET
Historia, ficción, historiografía
Fernando Bermejo Rubio
(Século XXI – 2018)
Doutor en Filosofía e máster en Historia das relixións, amais de mestre do Departamento de Historia Antiga da UNED e recoñecido experto a nivel internacional no xudaísmo da época herodiana, o cristianismo antigo e o maniqueísmo, Fernando Bermejo Rubio, con esta, a súa última obra, convértese en ponta de lanza no que ao estudo non confesional de Xesús de Nazaret refírese. Só por trocar o paradigma bimilenario, iste ensaio converteuse nunha das principais obras de referencia sobor o tema.
Se a escola espanhola, con Gonzalo Púente Ojea, José Monserrat Torrents ou Antonio Piñero Sáenz, xa destacaba no panorama internacional, con iste autor —que supera aos seus predecesores— achega unha categoría que deixa atrás aos demais, especialmente á Californiana, con J.D. Crossan á testa, ata o de agora considerada primordial.
E é que eiquí se parte dunha premisa orixinal: tratar de revelar a figura histórica da personaxe mediante o estudo minucioso das súas sentenzas, non conduce a nada. Só integrando os feitos nunha visión obxectiva da historia do século I no seu conxunto, e interpretándoos segundo a súa coherencia con esta, obterase a silueta verdadeira do retrato de Xesús de Nazaret. A escasez de datos fai que tentar adiviñar a súa personalidade íntima sexa unha quimera produto da imaxinación de calquera que se aventure a facelo.
Nas súas 800 páxinas iste ensaio aborda todo o abordabel no que ao Xesús histórico refírese; dende o estudo de toda a documentación confesional e non confesional conservada, ata a imaxe que as artes deron del ata a data, pasando pola historiografía e o evoluido das diferentes procuras. Non é unha escrita accesibel a calquera pois o volume de información que manexa é abafador. A claridade dos seus razoamentos e a forma na que os expresa, resolve gran cantidade de controversias mantidas ata hoxe.
A pesares de evitar en todo momento facer crítica doutrinal ou arremeter baixo calquera tipo de revanchismo, ao remate da obra o autor laiase de fracasar ao tratar de ser aséptico emocionalmente. Estudar a figura de Xesús non é o mesmo que facelo coa de Alexandre Magno ou Xulio César, xa que o carácter divino que o cristianismo lle deu, fai imposibel o posicionamento imparcial que se desexaría: non facer mención a esta divinidade, é negala.
Querer coñecer a verdade dos feitos non debería enfrontarse á sensibilidade teolóxica ou ética. A relixión é unha realidade humana que endexamais debe obviarse.
10/10
Pepe Chas.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).
COMENTAS FACEBOOK:

Correa Corredoira

Flavio Josefo en historia xudaica fai refencia.

Pepe Chas

Falas de Flavio Xosefo. As referencias que fai a Xesús están claramente editadas. O ton confesional que expresa non concorda co demais da escrita no que están inseridas nen tampouco a forma gramatical de expresalo. Isto non quita que a súa obra sea capital á hora de coñecer a historia xudea da época herodiana. A gran lagoa está nos Anales de Tácito, da que misteriosamente faltan as crónicas referidas a o tempo que vai do 29 d.C. ó 33 d.C. Fora dos evanxeos canónicos e apócrifos case non hai referencias veraces a Xesús.

Correa Corredoira

Grazas, correxín, Pepe Chas, certo do que falas.
.