• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Más información
Información
Esbardalle, poesía e teatro.
Impressum

Esbardalle é un grupo formado por persoas con intereses comúns, nomeadamente a poesía. A nosa motivación é promover a cultura e animar á xente a que participe dela, intentando romper a barreira que separa “artista” e “público”.

Ó longo da nosa traxectoria realizamos ducias de timbas poéticas, representacións dramáticas e microteatro en bares, centros sociais, prazas e festivais, mesturando a poesía coa danza, música, o teatro ou a pintura.

As “Timbas Poéticas” tentan recuperar a dimensión oral e pública da poesía, frente ao carácter escrito e privado que ten maioritariamente dende hai décadas.

Igualmente, procúrase a conexión co público, a espontaneidade, a improvisación e a interacción coa música en directo. Xúntase á poesía, o humor ou a crítica social, sempre cun micro aberto para que calquera, a modo dunha jam session, poida participartanto cos seus textos coma coa música.

FACEBOOK.