Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

GrupoCoruñaboaOs xardíns de Méndez Núñez quedaron pequenos para acoller as miles de persoas que seguiron (mais de 1.500 por streaming) o acto central de campaña de En Marea na Coruña.

CORUÑATONEERREJON

O cabeza de lista pola Coruña, ANTÓN GÓMEZ-REINO, salientou o momento histórico e asegurou que o 26 de xuño “imos conseguir por fin o goberno do cambio de transformación, o tempo da austeridade e do medo rematou, do plasma de Rajoy, do narcopresidente Feijóo”. “Hai dous proxectos de país, so un de país fraterno, que pon enriba da mesa todos nós e outro de colonias do Ibex 35, dos poderosos, pero non queremos ser colonias dos poderosos nunca mais” asegurou. “Temos que ter claro que este país e esta cidade contan e tanto que contan, fundamental conseguir o terceiro pola Coruña e outro por Pontevedra, definitivos para que a mairía decambio no Congreso dea un goberno de cambio” declarou deixando claro que En Marea “non nacemos para estar por riba do PSOE senón para gañar ao PP e é o que imos facer o vindeiro 26 de xuño no Estado e máis adiante neste país”. O cabeza de lista pola Coruña rematou a súa intervención asegurando que “somos conscientes de que protagonizamos un momento histórico e que o 26 de xuño será o climax definitivo pois ese día xogámonos o futuro das vindeiras xeracións”.

coruñaPUblico

IÑIGO ERREJÓN pola súa banda asegurou que “estamos dando unha lección de humildade aos poderosos, sen empresas de marketing, sen campañas millonarias, grazas aos imprescindibles que estades facendo realidade a campaña do cambio político”. “As enquisas din que imos co vento de cola que o estamos rozando cos dedos. Pero hai algo que nos di máis que pode suceder o 26 de xuño pero que o resto de candidatos todos nos estean a atacar evidencia que queren que acabe a campaña, que piten o fin do partido, pero nós continuamos a disfrutar a campaña, loitando para lograr o cambio e nos lles dicir que abran paso e o vindeiro domingo abrir a porta da xubilación, a porta da abran paso”. “Estamos moi cerca de gañar ao PP, campaña moi importante porque cada puñado de votos decide se vai para o PP ou para nos o escano. A disputa do noso momento temos referendum entre o pasado e o futuro. Con que haxa democracia non é so preciso votar, fai falla tamén garantir que somos cidadáns, sen medo a chegar a fin de mes” defendeu. Un tempo que esixe decidir do lado do que se vai estar, poñer en marcha un goberno que por fin rescate as familias. “Para iso non valen indefinicións, non entramos nas mentiras de Ciudadanos, xa que despois do 26 de xuño van ser irrelevantes,  pero ao PSOE lle dicimos que haberá que facer un goberno e que escoite á xente se vai estar co pasado ou futuro, e para iso non se pode botar unha moeda ao aire”. E do PP, “o problema non se chama Rajoy senón Partido Popular e se rexenera unicamente na oposición”. Errejón tivo referencia as declaracións de Rajoy nas que dicía que non votar ao PP era votar ‘aos malos’, un discurso perigoso de dividir á cidadanía. “Eu aprendín que un gobernante malo é quen se relaciona dos mafiosos, que rouba para darlle aos ricos, os que lle di aos demais que pechen o cinto  e ao mesmo tempo se enchufa en consellos administracións, que se axeonllan ante Merkel para continuar recortando á cidadanía. Non hai cidadáns malos senón unha maioría que vai abrir unha porta de saída aos gobernantes malos” asegurou Iñigo Errejón. “Quedan 7 días, e non pasa tantas veces que a xente sinxela poda facer historia. E cada día recortaremos un pouquiño, estamos en condicións de facer historia, inaugurar un porvir que non deixe a ninguén atrás.O pobo é quen máis ordena” concluíu Errejón.

CORUÑAGARZON

ALBERTO GARZÓN pola súa banda destacou que “non pode gobernar unha organización que so serve para delinquir legal e ilegal, lembrar que o señor Rajoy e o señor ‘x’ nos papeis de Rajoy. “Non so se trata da corrupción ilegal, tamén a legal das amnistías fiscais que permiten as grandes fortunas tributar ao 2 por cento mentres a maioría social o fai moi por riba de todo iso. Goberno que di que non hai diñeiro para educación, sanidade pública, dependencia pero si para rescatar autopistas sen coches, aeroportos sen avións… sempre hai diñeiro para as oligarquías”. “Intentan inocular medo na cidadanía dicindo que se gobernando haberá miseria, desigualdade, pero iso xa existe e o fixeron eles. É a súa política que é inxusta e ineficaz. So sae unha minoría da crises, que incrementou as súas fortunas coa crise” declarou. “O pobo levamos anos mobilizándonos. Loitas que se están a cristalizar nas institucións pero nos pasa dar o paso para gobernar o conxunto do Estado e poñer a política ao servizo da xente. Os dereitos de hoxe foron as loitas de onte e as loitas de hoxe serán os dereitos de mañá pero o dereito a folga se gaña facendo folgas, non se pide permiso se lles arrebata. Imaxinade que gañamos as eleccións, entre todas as medidas que temos que poñer en marcha poderíamos entender que a primeira fora paralizar os desafiuzamentos de primeira vivenda.  Só poderemos conseguir cambiar e aplicar políticas para as persoas se continuamos loitando entre todos” afirmou Alberto Garzón.  “Galicia foi sempre un exemplo, tamén 2012 que sentou as pedras deste proxecto, pero tamén nas municipais, a confluencia non so depende dos nomes e apelidos dos que participan en negociacións senón da xente que a pediu desde abaixo a esixiu desde abaixo. Estamos cada vez máis cerca do PP, se facemos esforzo, o sorriso dos corruptos, dos banqueiros, quedará conxelada porque se construirá esa alternativa que depende de todos e todas nós” concluíu.

CORUÑAYOLANDA

A número dous de En Marea pola Coruña, YOLANDA DÍAZ, salientou que o vindeiro 26 de xuño será o momento de votar a dignidade, a decencia, a alegría nunha campaña da xente, da maioría social, das mulleres, porque non hai novo tempo político se as mulleres non nos poñemos en pé, o rostro do novo tempo político ten rostro de muller”.  “Só hai dúas posibilidades, o goberno da corrupción dos que non se presentan as eleccións causan paro, destrución e contaminación ou os que queremos defender a xente os que queremos derrogar as dúas reformas laborais ao do PP e tamén PSOE, o goberno que ten a máis de 300 sindicalistas en cadea ou penas de presión mentres Rato e Blesa pasean en iates” afirmou. Queremos un país no que non haxa nenos que non podan facer 3 comidas ao día, educación pública e gratuíta. Xogámonos unha banca pública. Queremos que os de arriba os da estafa paguen os impostos para ter servizos públicos de calidade, imposto de solidariedade para que as antigas caixas sexan revertidas as arcas dos galegos e galegas e paguen polo dano que nos fixeron”.

O alcalde da Coruña por Marea Atlántica, XULIO FERREIRO, salientou o traballo que xa están a desenrolar os gobernos do cambio nos Concellos cunha renda que permita as familias comer 3 veces ao día e ter un teito, e non pagar aos bancos. Estamos demostrando que si é posible de gobernar para á xente”. “Chámannos os ‘malos’ pero vos sodes dos ‘bos e xenerosos’ de Curros, os malos de verdade estaban no rueiro da Coruña e xa non están, Millán Astray. Non había cartos para sanidade pero si para as corridas de touro, pois xa non hai cartos para as corridas de touros. Para os nosos dereitos non hai nunca cartos e que sería de nós sen axudas na Universidade, pero é o que queren acabar coa posibilidade de que os fillos das clases populares non podan ter os mesmos dereitos que os seus fillos as mesmas oportunidades. Para os que pensan que todo é negocio, incluso o noso corpo”. Na súa intervención rematou destacando a necesidade de aliados no Goberno do estado e na Xunta. Necesitamos a Pablo na Moncloa e a Yolanda a Tone no Congreso. Estamos desafiando as súas políticas austericidas de estrangulamento dos gobernos municipais. Recuperando as bibliotecas para as mans publicas. Podemos desafiar as súas políticas pero necesitamos un goberno valente no estado español que dea entrada aos refuxiados, que impulse as políticas austericidas” concluíu.

CORUÑAOLTRA

MONICA OLTRA, incidiu no logrado xa cando dicían que “non o podíamos lograr e o fixemos mandando sacando de Valencia a Rita Barberá, Cotino, Fabra… non poderíamos pero os mandamos para casa e agora para a cadea, un a un. Fixemos un pequeno milagre. E o fixemos porque soubemos que podíamos e o fixemos posible e o 26 de xuño temos que rematar a faena”.  O cambio xurdiu desde abaixo, e é normal que estean nerviosos asegurou preguntando “non credes que Flotentino, Merkel, e todos os que marcan a política da UE non teñen feito chamadiñas durante todos estes días e tratan de mover fíos para impedir o cambio pero cantos anos levamos resistindo nos, moitos, agora lles toca a eles porque saben que imos a por eles e lles imos gañar”. “Primeiro meteron os recortes, xeraron medo e despois lei mordaza para que non protestaramos e poder continuar co medo para que non protesten. O imposto ao sol, que fixo un ministro en funcións. Pos unha placa na túa casa e pouco máis que te tratan coma un delincuente e poñen unha multa, de verdade vai quebrar Endesa ou Hiberdrola. O que fai é que sexa independente, síntese libre e non queren cidadáns libres, lles molesta a liberdade. Un goberno que ten as empresas en Panamá a quen cremos que defenderá, ou aos da súa clase que teñen todas as súas empresas alá e non queren contribuír ao benestar colectivo” denunciou Oltra. Unha estratexia que se repite na reforma laboral, la reforma da educación…“Di que hai que votar ao PP porque senón gañan os malos, benvidos malos e malas. Non serán os malos que planeaban botar ácido clorhídrico no Ebro para facer negocio? É o mundo ao revés e o 26 xuño teremos que demostrar que somos moitos os malos” afirmou. “Necesitamos un goberno que poña no medio ao ser humano. Imos cambiar este país e o imos facer a xente sinxela e decente” concluíu Mónica Oltra.

carmengarzoncoruña

A secretaria xeral de Podemos Galicia, CARMEN  SANTOS, destacou que o cambio “comezou en cidades como Coruña, grazas a valentes coma vós como a Marea Atlántica ou como Xulio e demostramos que non todos os políticos son iguais”. “Cando hai vontade política si que se pode facer vontade para á xente e pese a ter todo en contra e menos orzamento están a facer política para que a xente viva un pouco mellor” destacou porque o que se está poñendo en perigo  son os negocios dos do PP e as dos amigos do Ibex35. “Imos gañar no Estado e na Xunta. Porque a xente de Galicia é loitadora, progresista e libre e por iso votarán polo cambio” concluíu.
antonCoruña
Por último, o coordinador nacional de Anova e vicevoceiro de AGE, ANTÓN SÁNCHEZ, arrancou o acto poñendo En Marea no centro do seu discurso como “ferramenta transformadora en Galicia, un suxeito político soberano, debe de ser o que decidan os galegos e galegas”. O obxectivo de En Marea é mellorar as vidas das persoas, “en Galicia que somos periferia da periferia levamos dicindo hai tempo que non poderemos ter cambios sen cambio de goberno e Galiza loita para non ser periferia do Estado español”. “Teñen pánico, saben que van perder e usan a estratexia do medo pero fortalécenos porque xa non teñen credibilidade” afirmou Sánchez que rematou defendendo que o que quere En Marea é unha comisión de Angrois e non que se cargue contra o traballador, que os nosos recursos naturais servan para dar benestar a Galiza non para Villarmir, Florentino e demáis amigos… mentres nos pagamos as tarifas máis caras de Europa  de electricidade, nós pedimos sanidade para todos mentres ele fan negocio coa sanidade”. Por todo isto, Antón Sánchez quixo enviar unha mensaxe á Mariano Rajoy: “sé fuerte Marino, e como é futbolero tamén lle dicir, hai que roela”.

CORUÑATODOSARRIBA