| A virtuosa guitarrista finlandesa Erja Lyytinen, conhecida coma a raíña do slide na Europa, chega a Espanha iste abril coa súa xeira 2026, ofrecendo concertos en varias cidades pra espallar o seu virtuosismo ao vivo. Con máis de 20 anos de carreira, compartiu táboas con lendas coma Carlos Santana e reconhecida coma Mellor Guitarrista de Blues nos European Blues Awards.
Datas da xeira española: 15 de abril – Sala Wolf, Barcelona 16 de abril – Moby Dick, Madrid 17 de abril – Rock & Blues, Zaragoza 19 de abril – Garufa Clube, A Crunha Durante a xeira, Lyytinen presentará o seu último álbum, Smell the Roses, así coma un repertorio amplo dos seus grandes éxitos. Iste disco, o seu traballo máis cru e roqueiro ata a data, recupera un som no vivo inspirado no rock dos 70 e gravado con equipa analóxico pra lograr un ton cálido e envolvente. O primeiro sinxelo, que dá nome ao álbum, é unha declaración de intencións: esperta, goza a vida e sente a música en estado puro. TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO |

