Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

nave17

O próximo sábado 11 ás 19:00 convidámosvos á presentación de catro colectivos sociais e culturais da cidade: Ateneo Libertario Xosé Tarrío, CSO A Insumisa, Centro Social A Comuna e STOP DESAHUCIOS A CORUÑA. Catro proxectos que, se ben comparten certas características entre eles, como realizar as súas funcións sen ánimo de lucro, tamén son variados entre sí. Estes colectivos son nodos de creación de formas máis participativas de cultura, coñecemento e transformación social. Esta xornada enténdese como unha oportunidade para difundir e dar a coñecer de primeira man o seu modo de funcionamento, obxectivos e actividades. Animámoste a que veñas e preguntes calquera dúbida sobre o seu funcionamento, axenda de actividades, servizos dispoñibles, ou os pasos a seguir para desenvolver o teu propio proxecto nun dos espazos.
19:00 Entrada libre

Como chegar á Nave 1839: http://nave1839.org/gl/como-chegar/