• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


HISTORIAS CORUÑESAS. HOXE:
A voda!
#Celebrandoosmeus50 é o hashtag que levo usando en diversas ocasións dende o día do meu cumple, o 8 de marzo. Tomei este 50 aniversario como unha celebración continua.
Este 2022 pasáronme tal cantidade de cousas que daría para unha serie. A maioría foron chulas. Na Mardi tivemos bolazos a go-go tras o peche no nadal e xaneiro pola Covid. Logo vivimos o documental sobre un grupo de chavales que montaron unha radio e lograron que ainda siga vida co nome de Cuac FM . O V Elas Son Artistas foi unha auténtica pasada. O Sons da Bocanoite e o Springsteen Day As Pontes. Creamos un selo discográfico para editar un disco atemporal e máxico. Un disco en directo sen que os artistas soubesen que se estaba gravando. O “Lux” de Leticia Rey (escoitao hoxe ao voltar da comida de Nadal. É un disco para degustar completo. 65 minutos de luxo sonoro). Vivimos o cheo co público cantando a todo trapo as cancións de Silvia Penide no Café Libertad 8 e moitas emocións cando imos co espectáculo do libro Diferentes Diferenzas a calquera sitio. Súmolle poder disfrutar de novo do Azkena Rock Festival ARF e gozar en Lisboa dos The Black Crowes e na Coru do Festival Noroeste Estrella Galicia e de Manu Chao. E o Castelo Conta
Por fin retomanos os eventos colectivos e presenciais na Asociación de Salas de conciertos (Acces) co Congreso en Murcia (con susto e visita nocturna ao hospital incluida). Vivimos en Boiro unha xornada ben interesante da Agpxc Xestores Culturais e voltamos ao MUMi – encontro profesional de música de Galiza e Portugal e ao SiSons Enclave Musical e ao Culturgal Feira Industrias Culturais e fixemos unha Gala no Ágora – Centro Socio – Cultural – A Coruña. con seis artistas galegas que foi un espectáculo. Sen esquecer as visitas ao cine, os concertos, o bus cheo a Muse e as Masterclasses organizadas pola A.C. República Musical Mardi Gras
Aplaudimos a rabiar esa obra de teatro necesaria e chea de valentía e talento de Diana Sieira que é The Witch. Un espectáculo ritual.
Ata vin a Kula Shaker ben en forma en O Grove.
Comparto con Yolanda Mardi e o seu can Bruce foto na exposición de Chema Ríos “Xeografía humana da #Coruña.
Pero, amigas e amigos, o grande acontecemento quedaba ainda por chegar. O Día da Lotería de Nadal, seguindo coas celebracións dos 50 anos, Laura e máis eu, rodeados polos máis próximos e cunha cerimonia ben fermosa, con sorrisos e bastantes bagoas, tras pasar un “exame de convivencia” co que flipamos uns días antes, celebramos o noso amor de forma oficial.
E, agora si, esta Historia Coruñesa e Compostelana pódese dicir que queda (o anel duroume o que dura a sesión de fotos) selada polos infinitos bicos que nos levamos dado, vendo como Jacobo medraba e Rodrigo escribía novelas abraiantes, tras unha aventura de case 15 anos.
No primeiro comentario vedes a exclusiva que estivo tan ben pagada que nos permite retirarnos.
So direi da cerimonia, da que non hai vídeos, estivo plagada de momentos dos que se gardan na memoria. E rematou con esta canción na voz de Marian Ledesma con Jorge Quesada Barbeito nas teclas.
De viaxe polas nosas vidas levounos Silvia Penide e Leticia Rey puxo a sorpresa que eu tiña gardada
Ah, a miña roupa é da tenda desas duas artistas do comercio local molón que son Paloma e Nieves de Psicodelia Anda que non levan anos currados!