• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Resultado de imagen de eli rios Eli Rios (@eliiirios) | Twitter

Eli Ríos
Eli Ríos (AELG)-4.jpg
Datos persoais
Nacemento 1976
Lugar Londres, Inglaterra Inglaterra
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía

Eli Ríos, nada en Londres en 1976, é unha poeta galega.

Traxectoria

Trasladouse con poucos anos ás terra de Ordes e, despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía (Porto, Lisboa, Açores, Cabo Verde), instalouse en 2003 ao pé do Castro de Elviña. Actualmente, desenvolve a súa actividade desde Cambre.

Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega.

Obra

Poesía

  • nós escoitando o badalo de Marienplatz, Espiral Maior, 2010.
  • Maria, 2013, O Figurante.
  • Anamnese, 2014, Sotelo Blanco.
  • Diario de fotogramas, 2014, Concello de Ribeira.
  • Doe tanto a túa ausencia (traxedia dun solitario acto), 2015, Concello de Outes.

Literatura infanto-xuvenil

Obras colectivas

  • Rúa da Cancela, 2010, A. C. Caldeirón.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.[1]
  • De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño, 2015, A Sega.[2]
  • Xohán Xesús González. Verbo na arria, Corsárias, 2016.

Premios

  • XII Premio de Poesía Concello de Carral no 2009, por nós escoitando o badalo de marienplatz.
  • IV Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2009, por Rúa da Cancela, con Eduardo Estévez.
  • I Premio de Poesía Figurante no 2013, por Maria.
  • II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey no 2014, por Anamnese.
  • XVIII Certame Francisco Añón de Poesía no 2014 por Doe tanto a túa ausencia.
  • Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por Diario de fotogramas.
  • Gañadora do Premio Modesto R. Figueiredo en 2014, por Remexido de patacas.
  • Gañadora do XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración de 2014, por Bicha.
  • I Premio de Poesía Rosalía de Castro en 2015, por Café intenso.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • O levantador de minas
  • A Nosa Terra
  • Blogue de Eli Ríos
  • Ficha da autora na AELG
  • Perfil en As escollas electivas
  • A Sega
  • Nacín en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresei ás terras de Ordes onde me criei.

    Despois de moitas voltas e reviravoltas decidín instalarme ao pé do castro de Elviña. Aquí agromaron os seguintes libros:

    nós escoitando o badalo de marienplatz (XII Premio de poesía Concello de Carral, 2009), Culleredo, Espiral maior, 2010.
    rúa da cancela (IV Premio de poesía erótica lilas Sisargas, 2009), Malpica. Caldeirón.
    Maria (I Premio de Poesía Figurante), 2013, O Figurante.
    Anamnese (II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey), 2014, Sotelo Blanco.
    Diario de fotogramas (Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes), Concello de Riveira, 2014.
    Remexido de patacas (XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo), Catoira, 2014.
    Doe tanto a túa ausencia (XVIII Certame Francisco Añón de Poesía), Concello de Outes, 2015.
    Bicha (XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración), Deputación de Ourense, Ourense, 2015.
    Café intenso. I Premio de Poesía Rosalía de Castro de Padrón, 2015.

    Colaboro como crítica literaria na revista dixital de crítica literaria feminista A Sega.

    [Setembro, 2015

  • FACEBOOK
  • https://www.facebook.com/eli.rios.7923.