• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

a primeira fin de semana de agosto Os de Birmingham farán gala na Praia de Riazor das melodías pegadizas e dos devaneos guitarreiros que os converteron nunha das bandas máis imprescindibles do pop internacional da última década En plena forma tras ser cabeza de cartel no recente Mad Cool e no BBK Live que celebrárase en xullo, o de A Coruña será o único concerto de balde que o grupo de culto británico dará este verán en España Os sons metaleiros de Monstruo, Strikeback, Ultrasurf e Vozzyow confirman tamén a súa presenza no Noroeste Estrella Galicia 2016 A Coruña, 29 de xuño de 2016.- Editors confírmase como un dos grandes nomes que tocarán no 30 Festival Noroeste Estrella Galicia. Os de Birmingham farán gala do seu electrizante directo e do seu estupendo estado de forma no escenario da Praia de Riazor a primeira fin de semana de agosto. Editors é un dos grupos do momento tras encabezar o cartel de citas musicais coma o Mad Cool ou o BBK Live.

Ademais, os sons metaleiros de Monstruo, Strikeback, Ultrasurf e Vozzyow estarán tamén presentes nas prazas da cidade dentro da programación do Noroeste Estrella Galicia 2016. Con estas novas incorporacións ao festival, o público poderá gozar non só dos mellores melodías e devaneos guitarreiros da escena indie británica da man de Editors, senón tamén do rock incendiario de Monstruo, do trash-metal auténtico e con garra de Strikeback, do garage-pop e o punk incansable de Ultrasurf e do celebrado post-punk de Vozzyow.

NOVAS CONFIRMACIÓNS NO CARTEL DO NOROESTE ESTRELLA GALICIA 2016

Editors Embaixadores da brillante fornada de pop británico de comezos de século, Editors non poden ocultar que son fillos putativos dos grandes grupos que marcaron á xeración post-punk: JoyDivision, The Cure, Echo &TheBunnymen… As súas melodías escuras e os seus devaneos guitarreiros converten os seus concertos en magníficos experimentos musicais que levan ao público a saborear obsesivamente cada minuto e cada canción. Formados en 2002 baixo o amparo dunha sólida amizade universitaria, os británicos conseguiron situarse no máis alto da escena independente internacional e consolidar unha traxectoria que conta xa con cinco discos de estudo editados en dez anos. A última entrega, In Dream, chegaba o ano pasado con algúns apuntes de cambio: produción máis limpa (Ocean of Night), máis sintetizadores (Life is a Fear) e temas que representaban o seu persoal renovarse ou morrer, como a singular apertura do disco (Non Harm). Tras afrontar a marcha en 2012 dun dos seus membros principais, Chris Urbanowicz, a banda liderada por Tom Smith soubo sacar proveito do seu gran estado de forma nos últimos anos. A data reservada no Festival Noroeste Estrella Galicia 2016 supoñerá o único concerto gratuíto que o grupo de Birmingham -tamén presente este ano como cabeza de cartel do Mad Cool e do BBK Live- ofreza este verán no noso país. Monstruo Cibrán (batería), Theo (guitarra), James (guitarra) e Toni (baixo) son parte dun núcleo de efervescencia cultural que abarca moitas áreas, non só a musical. Como Monstruo estiveron xuntos máis de cinco anos, pero, máis aló, a súa actividade alcanza diversas formacións e outros proxectos a través dun sinfín de tentáculos: discográfica, promotora, distribuidora e a revista Porno. Da súa música, a prensa dixo: “Pop, moi punkarra, temas curtos, agresivos e absolutamente arrebatadores”; e da súa discográfica: “Discos Porno é a Ourense o que Sub Pop foi para Seattle?”. Moito máis que palabras para aqueles que lles viron en directo. Ata a data, posúen dous Eps autoeditados: Monstruo #1 (2011) e Monstruo #3 (2013); e tres casetes en forma de tres splits coas bandas irmandadas Avecrem, Vietnam e Travesti Afgano. Axitadores infatigables, estes exploradores sen descanso convulsionaron voluntariamente a súa sólida carreira na procura unha e outra vez de novos xiros e retos, invitando á reflexión e á participación. Agora, despois dun paréntese dun ano, atópanse en plena remodelación, sucumbindo a terreos de maior improvisación, pero coas súas raíces aínda firmemente ancoradas no rock dos anos 90 e as súas correntes máis incendiarias.

Strikeback Coñecidos desde 2011 na escena metaleira coruñesa, Strikeback xuntáronse coa idea de tocar e gozar en directo do puro thrash metal. Na procura de compañeiros afíns, Rafa (só de guitarra) atopouse con Pili (baixo), Sebas (batería) e Aleks (guitarra rítmica, quen máis tarde foi reemprazado por Flo), incorporándose ademais tras uns meses Liber ás voces. Completa a formación, o quinteto rexistra nos Estudos Treboada o que supoñería a súa primeira maqueta. Seguidamente lánzanse á estrada onde durante un ano e medio non deixan de dar concertos e participar en diversos festivais por toda a península. Xa en 2014 deciden meterse en estudo de novo e gravar o seu primeiro disco: Share Your Hate, financiado a través dunha campaña de micromecenazgo que consegue os seus obxectivos en só un mes. Share Your Hate é encomiado pola prensa especializada resultando “un disco de puro thrash metal yankee dos noventa pasado polos filtros actuais pero sen perder un ápice de garra e mala leite dos bos tempos. Nada de mesturas modernillas nin metalcore ou death”. Na actualidade preparan un novo traballo que verá a luz a finais de 2016.

Ultrasurf Fai menos de dous anos, a finais de 2014, Lupe, Javi e Mouro -os tres con gran percorrido na escena musical coruñesa e multitude de bandas ás súas costas como Codia, Inu, Blünt- decidiron xuntarse para levar a cabo un proxecto común afastado do que fixera cada un ata entón. Tras varios meses de ensaios, probas e cambios de formación, en abril de 2015, por fin gravaron, produciron e publicaron o seu primeiro traballo: Gafas de sol, un EP totalmente autoxestionado onde xa podían intuírse as novas inquietudes do trío galego. Tras meterse entón no estudo e poñer firma ao seu debut, optaron por facer realidade unha xira europea que ao seu regreso levoulles a rexistrar o seu primeiro LP: Ultrasurf (2016), un disco homónimo en formato dixital e no que envorcaron toda a esencia do garage-pop e o punk, os dous estilos que mellor os definen. Á espera de subirse de novo á furgoneta para tocar nunha xira polo sur do país, o seu concerto no Festival Noroeste Estrella Galicia promete ser unha gran festa.

Vozzyow Comparados con bandas como Jesus Lizard, Fugazi ou Melvins, os compostelanos Vozzyow contan nas súas filas con experimentados músicos malia non posuír demasiadas primaveras ás súas costas. Fiz (batería), Charly (guitarra) e Julian (baixo) acreditan unha longa carreira musical tras de si (Vicky POLARD, Jay, comidas deliciosas, Rama …) e desde finais de 2014 practican en formato trío o seu post punk como filosofía de vida. En menos de dous anos gañáronse o recoñecemento de nomes nacionais como Betunizer (con quen compartiron escenario en varias ocasións) ou Vice. Ademais, tras demostrar a súa valía na improvisación e na capacidade técnica, o grupo Metamovida acudiu a eles para acompañarlles a finais de 2015. Aínda que Vozzyow comezaron a súa traxectoria polo camiño da autoedición, o ano pasado Discos Porno / Nostalgia Records lles fichou para a publicación do seu EP Petroglifos de Mogor.

(Foto portada strikeback. Thrash Metal desde a coruña)