Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Anita vizoso

https://www.facebook.com/ANAVIZOSOHERMIDA

3 de agosto 2021.
Estea onde estea ……… só podo dicir:
Que o intre, mais intenso espazo de tempo e vida que compartiches comigo, endexamáis o esquecerei ♥ ️Hoxe dinme de que hai un mes fuchestes pra sempre.
Excelente músico que no seu día formou anaco de Burning e chegou a gravar con eles o LP titulado: Cuchillo.
A súa dedicación total e absoluta ao que máis lle gustou, que era a música, non foi reconhecida o suficiente 😞
O respecto de tódolos que te conhecemos, así coma os froitos colleitados polos teus moitos alumnos ao longo dos anos, verifican o teu enorme talento.
Deixanos un MÁSTER ¡¡¡ Unha tristura de nova.

 

 

PEPE DORE

https://www.facebook.com/pepe.dore.5

Suso Rey (D.E.P)

Suso Rey, coñecido como SUSITO e admirado por toda unha xeración de músicos entre os que me atopo.
Susito deixounos, sen facer ruído, sen alarmar a súa contorna, discretamente, con isa intención que o acompañou tódala vida; Non molestar. Atesouraba un talento pra a música coma moi poucos que eu teña coñecido, un talento máis valioso se é posibel por non ser guiado, asesorado ou enganado pola ortodoxia do ensino musical. Era o que se di “diamante puro”, un virtuoso da guitarra, mais tamén un moi bo batería e baixista (tiven a oportunidade de comprobalo cando nun dos grupos dos meus anos máis novos, “Agent Orange”, exerceu a batería unha tempada)

Sonhador e perfeccionista ata o infindo, a música ocupou o 90% da súa vida, e nen voltou nen o 5%, aínda que é certo que todo o talento que malgastou exercendo e creando música, non tivo continuidade co resto das tarefas que acompáñanos a todos cando atravesamos iste enrevesado mundo. Un home de poucas verbas máis intenso no sentimento, non tiña unha relación cordial co que normalmente se chama “politicamente correcto”, foi pechando lentamente as portas, especialmente nas zonas onde é moito máis importante aparecer que estar, endexamáis il exercido pra rirse da broma sen graza, nen pra darlle parabéns polo seu traballo, sabendo que unha inmensa e queda maioría, superflua ou inútil, non tiña o don de “pelotas” e que nun mundo de “anuncios” vestidos de artistas págase.

Tivo os seus momentos de “gloria”, coma cando tocaba e gravaba cunha das lendas do Rock ibérico, BURNING, mais tampouco soubo darlle continuidade a ese chanzo, ao que moitos outros terían servido para aparafusar a elite de músicos que xiran protexendo ás estrelas mediáticas, algo que lle permitiría ter unha carreira solvente economicamente e nutrida no Ialma. Tamén se empregou en numerosas sesións de gravación nas que puxo o seu selo, esa cor e ponto de orixinalidade que o facían inconfundibel.

Susito, aínda que non hai demasiadas referencias sobor il na prensa escrita ou nos medios audiovisuais, e moito menos nas redes sociais, era unha Lenda dentro do gremio, respectada por todos e diría que venerado, aparecía a miúdo en calquera conversa entre músicos, especialmente cando foi necesario nomear ou reconhecer a un dos grandes mestres da nosa contorna, ise “Haberlos Haylos”, a súa figura seguirá vivindo a través da tradición oral honrando os vellos costumes e o seu rastro permanhecerá alí pra sempre.

Descansa en paz Suso.

 

Suso Rey , Demonio Burlón.

Canción composta, gravada e interpretada, tanto a música coma a voz, polo músico e compositor crunhes Suso Rey. Músico cun talento incribel e mellor persoa. Tiven a honra de gravar os coros sobor iste tema que fica eiquí pra lembrar. Sobor todo unha gran persoa. Un pracer coñecerche e un privilexio inmerecido por xogar contigo morea de veces. Unha tremenda e enorme tristura pola túa perda. Agardo que esteas no ceo coa telecaster e agora si, coa man correndo a 100×100.
D.E.P

Jose Manuel Martínez García (BONHAM)

Consternado pola tristura de nova da morte de Suso Rey. Mestre de moitos músicos que coñezo, mestre de mestres pra min, dominio da guitarra, o baixo, a percusión, os teclados e probablemente calquera instrumento que tivese diante, cun gusto e calidade musical coma en moi poucos que ollei ou escoitei. Conhecino nos anos 90 no primeiro estudo onde traballei “Midimaster” propiedade do recentemente falecido Fernando Parra, onde era o músico de sesión e arranxeiro, o verdadeiro mestre. Cando vinha Suso sempre era a hostia. Na súa dilatada carreira está, por exemplo, a de pertencer e gravar un disco con Burning nos seus tempos en Madrid. Co paso dos anos tiven a sorte de poder traballar con il no disco “Tropical Sunrise” do meu amigo José Manuel Bello, coincidindo con il no estudo e na súa casa onde tamén compartimos experiencias de gravación e alghuna cousa na que eu podia axudarlle en cousas do son.
Os seus coñecementos de harmonía, composición, produción, arranxos e bo gusto, conseguiron poñer calquera composición que estivese nas súas mans moi enriba, moi moi enriba, os que o coñecían saben do que falo, tanto que non dubidei pra tentar contar con il fai uns meses pra algunhas cancións do disco que estou gravando onde sinxelamente me botou a raiba, coma sempre, co seu traballo impecabel, gusto e interpretacións exquisitas, compromiso, seriedade e companha. O meu pésame á súa familia e amigos.
Que teñas unha boa viaxe Suso. Unha fonda aperta.
(Tradución ceibe ao galego por Rubém Novo)