Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Dusty Hill
Onte, cando me decatei do pasamento de Dusty, publiquei unha canción e fixen unha pequena comenta. A verdade que me colleu desprevido. Hoxe vou ampliar un pouco cunha anécdota persoal.

Cando Siniestro Total gravou o noso “Country & Western”, fixémolo no estudo de Billy Gibbons en Houston, co xenial Joe Hardy (home de fiúza dos Gibbons) aos mandos. Ese estudo, Foam Box, estaba cheo de amplificadores, guitarras, baixos, etc … e todo a nosa disposición.

Isto significa que me deixaron un baixo Dusty (concretamente o da foto) pra gravar. O problema é que o son de ZZ Top era ... peculiar. Non sei que cona fixeron con ese baixo, mais soaba a ferralla. Era un son bateado e metálico, sen calore … un son que é o que queres atopar ou che parece horribel. Díxenllo a Hardy e íl respondeu cun “si … é Billy, quen está coa teima con que todo soe a ferralla”.De feito, as guitarras de Billy (son datos pra guitarristas) afináronse en do (é dicir, non nunha afinación especial, mais con tódalas cordas baixadas de 4 semitóns) e usou un calibre de 0,7. Coma pareze, si. Non houbo tensión …semellaba que tocabas ao espaguete. Non sei coma cona o fai íl…
En resumo, rexeitei o convite pra gravar con ise baixo (con moita dor do corazón, sinxelamente só me ameigaría poder contalo despois) e Hardy tróuxome un baixo malo dabondo : un Jack Cassady xustamentecoma o meu. E con iso foi co que gravei o disco.

Hai 11 anos, Hardy e Dusty foronse e decateime o outro día de que facía un ano e medio que non collera un baixo na man…
Tampouco é unha gran anécdota, mais ben… é o máis vindeiro que achegueime preto dunha lenda.

Oscar Avendaño.

https://www.facebook.com/oscar.avendano.71

(Tradución ceibe ao galego por Rubém Novo)

https://www.facebook.com/ruben.novo.3/