





Dúo Vaguedades 2.0. Rosalía de Castro & Eduardo Pondal
Velaquí seis novos capítulos do Dúo Vaguedades, formado por Isabel Risco e Fran Rei, que se converterán de novo en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Trátase dunha iniciativa que mestura humor e música, realiza un achegamento a diversos aspectos que definen os galegos e as galegas, ao valor da lingua e, sen perder o ton cómico, a algúns dos fitos máis sobranceiros do patrimonio histórico e cultural.