Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

garufa

Comezo o 6 de June de 2018
Información de contacto
MÁIS INFORMACIÓN
Data de lanzamento
6 de June de 2018
Xénero
Pop Rock en Galego
Membros banda
Dr.SON :
Paola Piñeiro – Voz,
Pablo Laranxo – Baixo e 
Germán Prieto – Guitarra.
E,contando coa colaboración á batería e os
teclados de algúns dos mellores músicos da
xeografía galega.
Lugar de nacemento
Galicia – España
Compañía discográfica
SonMusic
Información
Banda de Rock
36566531_399881267183006_2113433177342083072_n
Dr Son é unha banda de pop-rock composta,
principalmente, por Paola Piñeiro a voz, Pablo
Laranxo ao baixo e Germán Prieto á guitarra, e,
contando coa colaboración á batería e os
teclados de algúns dos mellores músicos da
xeografía galega. Intensos directos, letras en
galego e apaixoada posta en escena son
algunhas das señas de identidade de esta banda
que se move con soltura entre o rock, o pop, o
funk, o soul e o blues, dotando os seus concertos
de gran dinamismo e ritmos bailables.
Malia ser de recente creación, a traxectoria de estes músicos non é para
nada nova, Dr Son pode resultar un nome descoñecido para o público en
xeral pero cousa ben distinta é cando o nome de Snatch salta a palestra. Foi
alá polo ano 2005 cando Paola, Pablo e Germán se xuntaron coa idea de
crear unha banda, así naceu Snatch, á que pouco despois se uníu Jacobo
Gallego á batería e máis tarde Alex Sevilla.
Como Sntach percorreron toda a xeografía galega tocando en moitos dos
máis prestixiosos escenarios da comunidade como o Teatro Principal de
Santiago de Compostela, Sala Capitol, Círculo das Artes de Lugo, Casa das
Crechas, etc.; cunha maqueta gravada no 2007 (Estudos RTVG), unha
segunda maqueta no 2008 (Estudos ‘Control Z’) e un disco, ‘Xente’, no 2011
(Estudos Son Natural) Snatchrecibiu o eloxio do público e foron gañadores
do Concurso do Festival Millarock ( 2007), Musicódromo de Porto do Son
(2007), semifinalistas en Cantalingua
(2008), finalistas do concurso A polo
Ghit da Radio Galega (2007), O Eirado
(2012) ademáis de obter diversos
premios e mencións grazas a súa
música fresca e as letras en galego.
Tras un pequeno parón para enfocarse en outros proxectos, estes tres
músicos regresan reencarnados en Dr Son con enerxías renovadas e a
experiencia dos anos de rodaxe. Destexeito,en marzo do 2018 en Estudos
Pousada Son, gravan un EP de título homónimo, composto por catro cortes
onde se misturan as diversas influencias estilísticas da banda, pasando de
temas bailables (“Relax” e “Xente”), rockeiros (“Baixo os teuspés”) e unha
balada clásica de rock (“Non máis”). O disco conta coa colaboración de Manu
Rei á batería e Carlos Gil ó teclado. O futuro está por diante e de seguro se
moverá ao ritmo de Dr Son.
DR SON – “Baixo Os Teus Pés”
Localización actual
Santiago de Compostela – Galicia
Contacto de prensa
espectaculossm@hotmail.com
Axente de contratación
SonMusic Producciones