Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

56268550_2117388891662570_7484535715112419328_o

_DOA Cuarteto : Susana de Lorenzo, (voz solista, harmonium); Frank Astro (teclados, voz, percusión);Rebeca Maseda (violín, voz) e Xoan Piñón (guitarra).
(Foto cortesía Facebook DOA: https://www.facebook.com/doamusica/)
Información da páxina
Fundado in 1978
INTERESES
Artists We Also Like
musica popular, folk, world-music …
Band Interests
musica popular, medieval de Galicia e tódalas outras
Información de contacto
Chamar 629 68 83 78

DOA – ARBORETUM – (2002)

DISCO COMPLETO

DOA “Arboretum” (2002).

Un dos traballos do grupo máis descoñecidos, sae a luz con todos os seus temas completos.

Xaquín Blanco : Gaitas, frautas, percusión.

Xoan Piñón : Guitarras, laúde, mandolina.

Nora McEvoy : Violin.

Javier Ferreiro : Percusión.

Roberto Grandal : Acordeón.

Alfonso Morán : Contrabaixo.

Francisco Luengo : Viola de Gamba.

Luciano Pérez : Organistrum.

Javier Cedrón : Violín en “Ancello do Silencio” e “O Cabalo do Souto”.

Gravado nos Estudios “Bruar”.

Técnicos de Gravación : Javier Ferreiro, José Puga, Nani García e Pablo Beade en “Camiñando polo Tempo”

MÁIS INFORMACIÓN
Data de lanzamento
1979
Xénero
Música
Membros banda
Susana de Lorenzo : Voz, harmonium.
Rebeca Maseda : Violín, voz.
Fran Castro : Teclados, voz.
Xoan Piñón : Guitarra eléctrica e acústica.
Lugar de nacemento
Galicia
Compañía discográfica
Independente
Filiacións
Músicos ao Vivo
Información
FACEBOOK OFICIAL. MUSICA POPULAR e MEDIEVAL de GALICIA
Contacto : +34 629 688 378
Impressum
DOA Páxina Oficial
Resumo da empresa
Musica popular e medieval de Galicia.
Música popular e medieval de Galicia
Premios

A fronda dos cervos en:

WORLD MUSIC CHARTS EUROPE XANEIRO 2012. TOP-20

GLOBAL VILLAGE EE.UU. FEBREIRO 2012. TOP-6

RADIO NACIONAL RADIO EXTERIOR DE ESPAñA MUNDOFONIAS “FAVORITOS 2011”

WORLD MUSIC CENTRAL EE.UU. “FINALIST 2011”

RNE5 RITMOS ETNICOS

REVISTA RHEIN-ZEITUNG ALEMAñA

REVISTA TITEL ALEMAñA

REVISTA LIRA SUECIA

SOAS RADIO LONDRES “TOP TEN” 2011 ALBUMS

WORLD MUSIC.CO.UK BEST ALBUMS 2011

“XI PREMIOS OPINION MUSICA FOLK” MELLOR DISCO 2011v

Localización actual
Galicia
Xestor Xeral
DOA
Influencias
Folk, Medieval, Jazz, Rock, Clásica …
Contacto de prensa
+34 629 688 378

DOA - 2018

DOA en 2019, de esquerda a dereita: Rebeca Maseda (Violín, voz), Fran Castro (Teclados, voz, percusión), Susana de Lorenzo (Voz, harmonium) e Xoan Piñón (Guitarra acústica / eléctrica)

DOA 2018

DOA - 2018

DOA en 2018, de esquerda a dereita: Bernardo Martínez : Percusión, Susana de Lorenzo : Voz, harmonium, Gertraud Brilmayer : Violín, voz e Xoan Piñón : Guitarra

 

DOA 2012

Susana de Lorenzo: Voz e harmonium
Oscar Fernández: Zanfona
Xoan Piñón: Guitarra eléctrica e acústica

DOA 2012 de esquerda a dereita: Oscar Fernández, Susana de Lorezo e Xoan Piñón.

A fronda dos cervos en:WORLD MUSIC CHARTS EUROPE XANEIRO 2012

GLOBAL VILLAGE EE.UU. FEBREIRO 2012

RADIO NACIONAL RADIO EXTERIOR DE ESPAñA MUNDOFONIAS “FAVORITOS 2011”

WORLD MUSIC CENTRAL EE.UU. “FINALIST 2011”

RNE5 RITMOS ETNICOS

REVISTA RHEIN-ZEITUNG ALEMAñA

REVISTA TITEL ALEMAñA

REVISTA LIRA SUECIA

SOAS RADIO LONDRES “TOP TEN” 2011 ALBUMS

WORLD MUSIC.CO.UK BEST ALBUMS 2011

“XI PREMIOS OPINION MUSICA FOLK” MELLOR DISCO 2011

+ info 1 + info 2

DOA 2011 de esquerda a dereita: Oscar Fernández, Bernardo Martínez, Xoan Piñón e Susana de Lorezo.


A reconversión permanenteDo libro “Crónica do folk galego”. Autores: Xoán Manuel Estévez, Óscar Losada. Editorial Tristram


Foron aqueles derradeiros anos setenta un período de estrenos contínuos. Todo se estaba a facer por vez primeira, mesmo o artellamento dunha industria discográfica propia: a editora coruñesa Ruada foi o seu primeiro exponente, e estreou o seu catálogo cun disco igualmente histórico, xa que supuxo no seu momento o grilón entre a anterior xeración de cantores galegos e a de novos músicos, que con grandes doses de boa vontade ían facer da súa paixón unha teima, cara a facer xermolar un movimento entón incipiente. No seu devir, o grupo DOAveu experimentando unha reconversión permanente nas súas diversas formacións, ata o punto de que ao final do seu primeiro período ningún dos integrantes do grupo orixinario permanecía nel.

Todo comezou en A Coruña con dous músicos: Xoán Piñón e Bernardo Martínez. Servan as vivencias relatadas do primeiro para situármonos na súa época e contexto:

Durante os anos 73/ 76 nós compuñamos e investigabamos en cousas como a música improvisada modal, o “free-jazz”, a música sintetizada… a nosa bagaxe partía de grupos coma King Crimson, Hendrix… e tamén os renacentistas e clásicos barrocos: Bach, Haendel, Teleman, etc..
A seguir, Doa introduce a Enrique Ferreira – cello – e temos formación de trío. Os primeiros directos como grupo facémolos acompañando aX. Quintas Canella e arranxando os seus belidos temas. Neste momento coñecemos a Miro, que está preparando un disco, e despois de traballar un ano aproximadamente O son da estrela escura coa formación de cuarteto e contribuíndo cun novo enfoque ás pezas, propómoslle a Miro traballar como grupo e co nome de Doa. Como reforzo para a gravación, entran Pedro Puértolas – músico catalán de formación clásica -, que toca o violín, e Xaquín Blanco á gaita, mentres que para os directos contamos con Michel Canadá – igualmente violín – o multiinstrumentista Francisco Luengo e Luciano Pérez -gaita e zanfona-.

Formación directos “O son da estrela oscura” de esquerda a dereita:
Francisco Luengo, Michel Canadá Enrique Ferreira, Bermardo Martínez,
Miro Casabella e Xoan Piñón

Novamente, unha morea de nomes propios, que o tempo, máis unha vez, encargaríase de ponderar na súa xusta medida: Miro Casabella, lonxe de ser un descoñecido, viña de desenvolver unha brilante carreira de cantor, durante algún tempo vencellado ao fato Voces Ceibes; pola súa banda, M. Canadá formaría parte de Milladoiro e F. Luengo sería director da Capela Compostelana, -formación que se decantaría pola música dos séculos XVII / XVIII -, ao tempo que formaba parte do Grupo Universitario de Cámara de Compostela.

O aludido primeiro traballo da formación: O son da estrela escura -1979- encetou o tratamento de repertorio medieval, representado nesta ocasión por varias composicións de autores tan representativos coma Alfonxo X – Festa de Loor- Martín Códax – Cantiga V : a célebre referida ao mar de Vigo- , ou un tema anónimo cantado en francés no que salienta a importancia do Camiño de Santiago no Sul da Franza – La Pernette- . Asemade, a gravación vén sendo un compendio no que se inclúen peza populares galegas, coma Danza do Rosal -procedente desta zona do Baixo Miño -, Danza das Espadas – neste caso de Pontevedra, pero que manteñen certa semellanza con outras bailadas na Bretaña e Provenza -, Carballesa – mestura de pezas atopadas en Melide e O Carballiño -, ou Romance de Doña Ausenda – outro tema anónimo, procedente desta vez do chamado Cilo Bretón -, no que recuperou o protagonismo seu intérprete vocal: Miro Casabella.

En los jardines del Rey
hai unha erba encantada,
toda muller que a come
logo queda embarazada.

Mañaniña de San Xoán
doña Eusenda madrugara,
en os jardines del-Rey
comeu da erba encantada.

De feito, na súa anterior etapa coma cantor, o mentado intérprete incluía o Romance… no seu repertorio habitual dos recitais en directo. Daquela, a aparición de Doa veu demostrando que na Galicia da época, aquel primeiro xeromolar de músicos folk conservaba algún elemento en común coa nosa historia musical recente.

DOA en xira por USA e Canadá, de esquerda a dereita:
Miro Casabella, Luciano Pérez, Xoan Piñón e Carlos Castro

O grupo quedaría formado naquel principio por: Bernardo Martínez -frautas, percusión-, Pedro Puértolas -violín-, Enrique Ferreira – violonchelo-, o mentado Xoán Piñón -guitarra, laúde, mandolina- Xaquín Blanco -gaita, bombarda, percusión- e Miro Casabella -voz, zanfona, cítola- . Aquela foi a que podemos considerar primeira formación folk galega instrumental, inda que a metade dos temas incluídos no disco eran cantados. Tra-la incorporación de músicos como Baldo Martínez (contrabaixo) e Manuel Varela (Teclados), o grupo abandonaría na súa estructura interna o elemento vocal, e pasaría a ser unha formación exclusivamente instrumental, inda que o segundo disco, Polaridade -1984- contaba coa participación puntual do popular Víctor Manuel, que ademáis de ser o productor da gravación, cantou o célebre Baile de pandeiras. Pero naquela altura, Doa experimentara xa unha sorte de reconversión, aínda sen se saír do repertorio tradicional, que os levou á procura dun son homologábel ao da vangarda da época – verbigracia, estética ecm , acorde co nome da prestixiosa editora alemana do mesmo nome, máis cercana ao jazz que a outra cousa-. Desta vez, a ambientación musical de sons elaborados e sobre todo debidamente ambientados así como certos efectos especiais era materializado en instrumentos tan novedosos coma o metalófono, percusión a cargo de Carlos Castro; outro nome, novo en Doa pero veterano na escena galega era Pepe Bordallo -baixo-, e do sul chegaba o cordobés Javier Jurado -frautas traveseira e soprano-, mentres continuaba da anterior formación únicamente Xoán Piñón, inda que no disco participaban como colaboradores Xaquín Blanco -bombardas e gaita galega-, e Julio Blasco -contrabaixo-. A búsqueda dunha sonoridade ata entón insólita na música galega fixeron daquel disco o primeiro referente do que se deu en chamar folk progresivo: repertorio tradicional con instrumentación actual. Neste caso, as versións soprendían – e mesmo sorprenden hoxe en día – pola súa insólita combinación tímbrica. Únicamente un tema de autor: Viva Ramón — pola súa insólita combinación tímbrica. Únicamente un tema de autor: Viva Ramón –Xoán Piñón– e os demáis, pezas populares coma Ce fu en mai -de procedencia francesa-, Resa med lekaré -sueca -, Canción dos Piratas -alemana-, Forcarei -galega-, así como varias versións das célebres Cantigas de Alfonso X El Sabio. Pero paradóxicamente aquela sorte de aventura naquela época levaba todas as de perder, ao adiantárense os músicos ao tempo que lles tocou viver.

No estudo de gravación de “Polaridade”, de esquerda a dereita: Carlos Castro,
Pepe Bordallo, Javier Jurado, Víctor Manuel e Xoan Piñón

A partires de ahí, Doa converteríanse nun supergrupo de figuras individuais, mália a ausencia de Miro, xa que os seus integrantes eran músicos curtidos en diversas vivencias, que tiñan os seus nomes precedentes en grupos coma Outeiro, formación máis próxima ao jazz-rock con Bordallo entre os seus integrantes; pola súa banda, Carlos Castro, logo do seu paso polo grupo vocal Cumbre viña de estudiar percusión, disciplina que máis tarde impartiría no Conservatorio Superior de Vigo; Javier Jurado era igualmente un docente, posteriormente Director do Conservatorio de Ourense, así como partícipe en diversas experencias corais… . Daquela, o mundo académico, de seu restrinxido ao ámeto clásico, comezaba a achegarse á escena da música folk nas persoas de nomes coma algúns dos citados.

De esquerda a dereita: Carlos Castro, Baldo Martínez, Luciano Pérez
Miro Casabella e Xoan Piñón

A teima continúa, e a formación, afeita xa a cambios nos seus integrantes, grava o que sería o seu terceiro disco: Perfiles -1986-. Desta vez, os novos músicos serían Rubén Pérez -guitarras- e Manuel Varela -teclados-, e o máis sorprendente da gravación: o vibráfono da man, outravolta, de Carlos Castro. @Algúen se imaxina un tema procedente do Cancioneiro de Casto Sampedro tocado con este instrumento?. A resposta está no tema que deu título ao disco, completado con outras pezas procedentes doutros folklores; por exemplo, do portugués Vala e Tempo do Antroido, do alemán Allemande, a voz de Amancio Prada acompaña ao grupo nunha versión do célebre Maio… Se na anterior gravación optaran por saírse da norma ao uso, desta vez as concesións á galería non contemplaron nen sequera o facerse entender por un público, que en todo caso aínda estaba por facer. Nesta ocasión, como en tantas outras, a calidade non foi parella en modo algún coa popularidade. De ahí a pregunta formulada ao grupo naquela altura, e respondida polo seu ocasional portavoz Javier Jurado:
¿Cómo poden explicar a relación que manteñen entre música popular e grupo non tan coñecido?. Eu quedaríame coa definición de Bela Bartok en canto á música popular: é aquela que ten unha base melódica tradicional, do pobo, pero pode ser arranxada de moitas formas, inda que siga sendo popular, ben sexa o propio Bartok, Stravinsky… Nós non somos un grupo de música “folk” como se adoita considerar convencionalmente nen un Bartok da vida, pero tentamos de facer música con M maiúscula.

Daquela, temos que a reconversión de Doa supuxo unha especie de test para a afeizón da época, que non deu dixeridas fórmulas como a experimentada nomeadamente naquel último disco. Se a eso engadimos a dificuldade da súa montaxe escénica e os conseguintes gastos que conleva en termos económicos -por exemplo, un instrumento coma o vibráfono-, resulta evidente a dificuldade da súa supervivencia artística. Non facían bailar ao público, non estaba asentada unha dinámica concertística a respeito da nosa música de raíz, sí en cambio funcionaban os clichés que limitaban o conceito de popular a unha música elemental e simple, cara á elemental e consabida xoldra. Eles, pola contra, decatáronse por unha sorte de folk experimental, máis tarde continuado con outras fórmulas por outros músicos. A Doa quedoulles para a posteridade a súa condición de precursores, anticipándose ás modas sen beneficiárense materialmente delas. O tempo demostraría a validez dun músico coma Carlos Castro, a quen a música do grupo parece perseguirlle na súa posterior traxectoria musical, inda sendo un instrumentista versátil, que o mesmo foi requerido por Fuxan os Ventos, para a súa reaparición no ano 99, que por Uxía, Saraibas e os máis insospeitados músicos, que converteron ao músico coruñés de nacemento, nunha sorte de corredor de fondo da nosa música, na súa múltiple faciana instrumental- percusiva, como logo se comprobará durante a década dos noventa.

No seu devir como grupo, Doa experimentou unha reconversión tal, que á fin desta longa xeira, ningún dos componentes da formación orixinaria permanecía entre os seus integrantes mediada a década dos oitenta, que foi cando despareceron da vida artística.

“Arboretum”, de esquerda a dereita:
Nora McEvoy, Xaquín Blanco, Bernardo Martínez e Xoan Piñón

Posteriormente reaparecerían no Festival Folk Cidade Vella, de Santiago -1995-, cun espíritu análogo ao da primeira formación: son acústico e repertorio máis ou menos medieval. Características que mantiveron na súa reparición, no que vén sendo cuarto disco do grupo: Arboretum-2002-, título alegórico- en latín -, co que tentan simbolizar a Galicia coma un xardín botánico. Para esta reaparición de Doa tomaron a iniciativa, outravolta, os seus lendarios membros Xoán Piñón -guitarra acústica, laude, mandolina, banjo e arranxos- Bernardo Martínez -arranxos-, e Xaquín Blanco -gaitas galega e irlandesa, frautas e percusión galega-, aos que se engadíu a irlandesa Nora McEvoy -violín-, Javier Ferreiro -percusión-, Francisco Luengo -Viola de gamba- Alfonso Morán -contrabaixo-, Luciano Pérez– -Organistrum-, Roberto Grandal -acordeón-, para completar o cerne desta nova gravación, realizada con sonoridades igualmente provintes daquela primeira época do grupo: laúde, mandolina, gaitas, percusión, violín… para un repertorio no que sobrancean as pezas populares galegas, completándose o disco con dúas Cantigas de Sta. María e tres composicións de autor -entre elas un reel irlandés-. Esta volta ao principio é vivenciada por Xoan Piñón coa ilusión de quen continúa encetando unha permanente andaina xa experimentada:

Do espírito do disco eu diría que respira Liberdade; é dicer, fideis á historia do grupo. Traballamos sen presión nengunha de tempo, cartos, modas, discográficas, etc., e como os tres anteriores será novo en estilo, arranxos e instrumentación.

Formación inicial do disco “Arboretum”, de esquerda a dereita:
Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Nora McEvoy, sentado
Xaquín Blanco


En Decembro de 2004, DOA reaparece na presentación do videoxogo “O Templo” en formato trío (Bernardo MartínezXaquín Blanco e Xoan Piñón) ofrecendo na saa Capitol de Santiago un memorable directo que inclue os temas “Ancello do silencio” e “Como soños de nacre” que a empresa Interacción, creadora do videoxogo, elixe para a banda sonora de ” O Templo“.

DOA interpreta tamén unha selección dos seus discos editados.

O Templo, recibiu o premio a Mellor Producción Multimedia que entrega Eganet, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet.

De esquerda a dereita:
Xaquín Blanco, Xoan Piñón e Bernardo Martínez

DOA E ROSA CEDRÓNDende Martín Códax ata o Códice Calixtino, pasando polas Cantigas de Santa María e os Romances o pé do Camiño de Santiago. Cantigalia é un proxecto que bebe do espíritu medieval, que se impregna da particulariedade das súas melodías e que rescata e transmite o esplendor daqueles tempos nos que Gallaecia foi referente cultural.

De novo, voltarán a soar coma antigamente en pazos e castelos, sentimentos de amor cortesán, prantos por amados que non regresan do mar, picarescas e tramas entre semellantes, denuncias sociais e incluso, aventuras empuñadas polo bastón que camiña cara o Apóstolo.

Ademáis, móstranos o influxo que perdurou por riba do transcurso dos séculos na nosa temática popular. Rescatan tesouros que nunca durmiron entre nobles, pero que, sen dúbida, enmeigaron ós campesiños que cantaron a súa semellanza e que se instauraron entre eles coma tradicionais, gardando baixo xuramento a confidencia.

Por un lado, a interpretación innovadora da música popular e medieval sumada a experiencia das mans de Doa, que aportan a esta aventura o equilibrio perfecto entre os sons medievais e a contemporaneidade, dotando cada nota da sobriedade necesaria sen esquece-lo peso do transcurso do tempo.

Doutra orilla, Rosa Cedrón, asegurando a homoxeneidade co mellor estandarte: o canto sincero, transparente e seductor que corona cada tema facéndoo único e irrepetible.

FORMACIÓN

Xaquín Blanco: Gaita e frautas.

Rosa Cedrón : Voz e violoncello

Bernardo Martínez : percusión e teclados

Xoan Piñón : Guitarra acústica

De esquerda a dereita:
Bernardo Martínez, Xaquín Blanco, Rosa Cedrón e Xoan Piñón

“A Fronda dos Cervos” (2006)Este traballo foi gravado e masterizado despois da xira de concertos Doa Rosa Cedrón “Cantigalia” (2005) e non está editado en soportes comerciais.

Desde a sua particular visión, Doa recrea o mundo musical medieval: Cantigas de Sta María, Códice Calixtino, cantigas de escarnio e maldicer, de amor, de amigo e composicións propias baseadas nas estructuras melódicas da música galaico portuguesa. Inclúe un amplo estudo crítico literario dos textos.

Formación:Xaquín Blanco: Gaitas, frautas e cromorno
Bernardo Martínez: Percusión, teclados, produción musical
Xoan Piñón: Guitarras e laud
Oscar Fernández: Zanfona

Colaboracións Musicais:Rosa Cedrón: Voz
Leilía: Voces

Outras Colaboracións:Estudo crítico literario: Federico Pérez
Prólogo: Eva Veiga
Deseño gráfico: Miguel Pinheiro
Gravación voces: Mare
Documentación : Guillermo Escrigas

“A fronda dos cervos” (2010) 
No 2009 o grupo DOA incorpora a súa anterior formación a Susana de Lorenzo, “A fronda dos Cervos”” volta a ver a luz con nova grabación, mesturas e arranxos.

Con motivo do “IV Agasallo a Luis Seoane” -que celebra o centenario do insigne autor e intelectual galego- DOA fai un concerto “unplugged” no Auditorio da “Biblioteca Miguel González Garcés” de A Coruña o 1 de Xuño de 2010, comenzando unha nova etapa.

Formación do concerto:Susana de Lorenzo: Voz
Xaquín Blanco: Gaitas, flauta, oboe
Bernardo Martínez: Percusión
Xoan Piñón: Guitarra acústica
Oscar Fernández: Zanfona

Mira o concerto

DOA de esquerda a dereita: Xoan Piñón, Bernardo Martínez, Susana de Lorezo, Oscar Fernández e Xaquin Blanco.