Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

E chegamos ao día da música, aclaradas algunhas confusións sobor que é técnica” e “coñecemento” e que moita xente confunde aínda con universidades, títulos ou ensinos regulados, polo mal uso que se lle deu ás estas verbas, e, obviando algún tema ou falcatruada das miñas (risas) que me deixei no tinteiro por falla de tempo, imos á lea co tema central, con algunhas cousas xa faladas por redes por outros temas ou dispersións que rematan moitas veces neste…á lea…
Levo, mais moitos anos, e xa moito antes do fenómeno dos concursos televisivos, dando a lata co tema de que a música se ía a valga mentres recibía respostas de todo tipo (iso si, sempre negando a evidencia)…”que si deixade á xente vivir, que a boa música sempre estará”, “que si é só con galo de entreter”, “que si estás anticuado e non te adaptas”, “que si isto hai que ollalo con outros ollos porque ten que haber de todo”…e tendo que haber de todo, resulta que ao final o que menos hai é música de calidade e que acheguese nos festivais, nas radios, nas televisións e prensa, no ensino ou nos concursos e redes gobernamentais…falla MÚSICA en todos os anacos. Mal pagada si consegues tocar ou sen tocar apenas se queres cobrar o que debes…iso si, exceptuando o tres ou catro de sempre que podes ver en casa e noutros sete sitios máis o mesmo ano, por pouco que te movas 50 km aredor, en festivais privados e, coma non, tamén nos que levan cartos públicos, … o mesmo en todas partes…viva a riqueza, a variedade e o apoio ao produto de proximidade. En fin…de calidade xa nin falamos… A culpa foi do capitalismo. Nen das bandas de versións, nen dos músicos,nen dos concursos televisivos de karaoke, nen do cha cha cha…o problema de verdade é que a música en tódalas súas facetas está en mans de MERCADORES e, ou non os vimos vir ou nos deu igual…que si…que todo o resto temos nos anaco de culpa tamén e eu asumo tamén o meu anaco de culpa ..que si agora a tocar nesta orquestra cutre porque non tes pasta, que si agora con este que non canta moi ben e os seus temas non valen nada mais ten contactos…é unha culpa menor, porque todos temos que comer, mais coma dicía Anguita “Coa dignidade non se come, mais un pobo sen dignidade ponse de xeonllos e remata sen comer”. Da industria xa nen falamos…selos, axencias, promotores, mánagers…coma con todo hainos con bos galos e coñezo algúns e mesmo algúns son bos amigos, mais nun mundo que premia ao rube, xa sabemos de que pé coxea a maioría…negocio puro…vou con este porque pode vender moito ou directamente apóioo porque non tenho nen idea, porque pra este negocio o que hai que saber é mercadear, non fai falla saber de música, senón atopar algo barato que vender caro.
Agora imos xogar coas ilusións alleas…programas de TV nos que convencemos a varias xeracións de que adicarse á música é cantar e ademais en plan karaoke. Ti tamén podes si cantaches na bañeira algunha vez. Seguimos pra bingo…comparte con todos os teus coleguiñas pra que vótenche en tal concurso e así gravas en tal ou tocas en cal…tocas de balde, claro ou gravas nun día…apoio ás bandas…e a xente a facer de mondongada corazón e participar da farsa que nos afunde máis. Xurados…ui si, iste que estivo nunha banda, esta nun fanzine, iste que pon a radio na súa barbería e a concelleira de festas, que eiquí pra votar sobor música non fan falla nen Nadia Boulanger nen Duke Ellington.
Medios especializados convencendo ao público transcurrindo anos que tal ou cal é fantástic chipendi lerendi porque o di gafapasti que ten unha orella no cu e a outra a está atopando… si góstache algunha “cousa musical” xa podes escribir dela…morre Chick Corea e na tele fan un especial sobor Fernando Alonso que se lesiona na bici…falla total de cultura musical no ensino ou nos medios…a transmisión musical de pais a fillos empiora cada década…as nenas de hoxe queren ser DJ Morro no canto de Carole King…
Hai só dous días comentaba nas redes Mayte Martín: “En serio a televisión catalá adica o seu espazo de hoxe pra a CULTURA falando do SONAR???? onte á noite, MILTON NASCIMENTO, ARTISTA dos máis importantes que deu Brasil, despedíase das taboas… fíxoo na sala Apolo ateigada de melómanos e, que eu saiba, ningunha televisión fíxose eco deste acontecemento tan importante pra a música que, doutra banda, era digno dun Palau ou dun Liceo, espazos que xa só ocupan QUEN PODEN PAGALOS E NON QUEN PODEN HONRALOS (isto último sublíñoo eu) DEFINITIVAMENTE xa ninguén comprende o significado da palabra CULTURA nen se toma conciencia de que non ten nada que ver co LECER.

Xa é oficial: a cultura se irá a merda.”
As salas de concertos, base do movemento musical de calquera sitio e centros de enerxía musical onde a música sente coma en ningún lugar e cada nota zoupache na cara dicíndoche: “erguete e pensa”, pasando os piores momentos da súa historia por falla de público que enche os festivais repetitivos, festivais de bebedeira e cántico futboleiro cando chega o adaxio…se non o sabes quédaseche á primeira… “LOLOLOLO LOLOOO LOOLOLOO” Ímonos á merda.
Entras nas redes e, si alguén fala diso, o que din é que “están a acabar co rock” ou “o rock morre”…aínda non entendestes que a música é unha e hai que coidar a variedade porque é un anaco da súa propia riqueza? Estamos totalmente perdidos. O que fai falla é unión, non polo rock, non polo pop, non pola clásica, o folc, o son ou o jazz senón pola música…non agora eu pola miña conta pra que vexan que super que son, non agora porque a crise me amolou a min, non agora porque non teño datas…sempre pola música, sempre pola cultura en xeral, sempre polo colectivo, por tod@s.
Fai falla un cambio radical e vontade política pra iso…vontade política que endexamáis hai porque os MERCADORES se comeron todo coma fixeron coa natureza e con todas as cousas… e aínda queren máis…Esa vontade é sempre a favor deles.
Dicíalle a un amigo, nunha resposta sobor un destas escritas, que: “prefiro, en todo caso, apostar pola regularización da profesión, a educación do público e esixir uns medios de comunicación dispostos de verdade pra falar do tema e comprometidos coa calidade. Que quen manexen os fíos musicais en todalas facetas sexan músic@s de bagaxe, percorrido e bos galos en lugar de mercadores e pouco máis. O demais é disparar ao ar.” Pois igual é o momento de saír á rúa por todo isto e por todo o demais…pra que isto deixe de ser, coma dicía Marc Ribot “unha especie de afección pra a xente rica” , pra non perder unha das poucas cousas decentes que fixemos coma humanidade…pra que en todo deixen de mandar uns poucos. Pra iso e pra todo, hai que xuntarse…
día da música?

Escrita Frank Astro.

Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 5: COMA CAEU A MÚSICA TAN BAIXO E DE QUEN É A CULPA, POR FRANK ASTRO.

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 4: EU AS REGRAS AS CREBO TODAS. A MÚSICA NON TEN REGRAS

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 3: É QUE TI CHE FIXAS NA TÉCNICA, EU NO QUE ME TRANSMITE.

 

 

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 2

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39375&action=edit&classic-editor

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 1

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39375&action=edit&classic-editor

Foto cabeceira Milton Nascimento da man de  https://africasunu.com/