• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Na Rusia posterior á Segunda Guerra Mundial, Stalin prohibiu a posesión de calquera música occidental. Todos os rexistros permitidos no país debían ser de compositores rusos. máis había un Underground con fame de música occidental popular, dende Jazz e Blues ata Rock & Roll. Máis o contrabando de vinilo era perigoso e adquirir o escaso material pra facer copias deses discos que chegaban ao país era caro e moi arriscado.
Unha enxeñosa solución a este problema comezou a xurdir en forma de “música ósea”, ou ás veces chamada música “ósos e costelas”, ou simplemente costela.
Un mozo enxeñeiro de som de 19 anos, Ruslan Bogoslowski de Leningrado, cambiou as regras do xogo cando creou un dispositivo pra piratear álbums occidentais pra que se puidesen distribuír por toda Rusia. O problema era que non atopaba material onde copiar as súas impresións, o vinilo faltaba e todos os produtos derivados do petróleo despois da guerra. Entón un día atopouse cunha pila de raios X descartados e funcionou! Naquel momento, a lei rusa mandaba que todos os raios X tivesen que ser destruídos despois dun ano de almacenamento porque eran inflamabels, polo que atopou os colectores de lixo e pagou aos enfermeiros polos raios X e durante 20 anos fixo preto de 1.000.000 de copias de raios X de contrabando, desde o clásico ata os Beach Boys, … E por certo, pasou cinco anos na cadea en Siberia por esta rebelión (ninguén ten a noción de que foi unha prisión en Siberia con menos 30 ° C todo o ano).
Durante máis de 20 anos, Bone Music foi o único xeito para os amantes da música rusa de obter música occidental, que tocaban nas “festas de música e café” nas súas cociñas, lonxe dos oídos e os ollos do KGB. .
Esta é unha gravación de 78 rpm da canción india “Awaara” de Raj Kapoor nunha radiografía de tórax exposta. Probablemente ao redor de 1951. Cada disco era artesanal e único.
Música dos ósos. Un testemuño da valentía clandestina de subverter a autoridade, a rebeldía e o amor pola música.
O espírito do Rock & Roll.
Texto: Giuseppe Risica.