• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

Ateneo Ferrolán libro Perdemos o Tren de Manuel Monge

 Manuel Monge “o pucelano tolo do Bloque Internacionalista Galego” (Foto cortesía de Diario de Ferrol: Ateneo Ferrolán libro Perdemos o Tren de Manuel Monge)

Ás 22,50 horas rematou o Pleno municipal da Coruña.

Houbo dous temas importantes que, seguramente, serán amplamente tratados mañá polos medios de comunicación, ou non. Por se acaso, aí vai esta información.
1. Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto presentamos unha moción a todos os grupos municipais sobre a anunciada  poxa polo Ministerio de Defensa dunha parcela na rúa Adelaida Muro. Adxunto o texto.
A moción foi aprobada co voto a favor do BNG e a abstención dos demais grupos municipais. Sen comentarios.
nicanoracosta
Nicanor Acosta.
(Foto cortesía do Facebook de Nicanor Acosta: https://www.facebook.com/nicopropolis)
2. Nicanor Acosta, do colectivo de presos e presas políticas na ditadura tivo unha intervención desde o  Escano Cidadán, pedindo que a Corporación Municipal retire a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo da Coruña, concedida en plena ditadura o 24 de decembro de 1968.
  • MOCIÓN PARA O PLENO DE 14 DE XANEIRO
    Os grupos municipais de …………………, …………………, ………………., a
    iniciativa de Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto, presentan a
    seguinte moción para o seu debate no Pleno sobre a poxa polo ministerio de Defensa
    dunha parcela na rúa Adelaida Muro da Coruña.
    O Ministerio de Defensa anunciaba en outubro de 2018 a venda dun solar de 373 metros
    cadrados no número 24 da rúa Adelaida Muro da Coruña, a través do Instituto de
    Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (INVIED), que ten unha
    edificabilidade de 1.155 metros cadrados. O importe da licitación por poxa, en terceira,
    sería de 1,3 millóns de euros e en cuarta de 1,17 millóns de euros. A poxa celebrarase o
    7 de febreiro de 2019 e o prazo de presentación de propostas remata o 18 de xaneiro de
    2019.
    Con esta nova poxa o Ministerio de Defensa continúa actuando como unha inmobiliaria
    dedicada á especulación urbanística, actividade impropia dun ministerio dedicado á
    defensa, como xa recollía a moción aprobada no Pleno de 11 de abril de 2016.
    Grazas a un convenio asinado co concello o 30 de xuño de 1984 e con este tipo de
    operacións Defensa ingresou xa case 8.000 millóns de pesetas (sobre 48 millóns de
    euros de hoxe). Unha auténtica vergoña!
    Despois de 35 anos, é hora de acabar con estas prácticas, que deberían ser substituídas
    por un criterio lóxico e con sentido de Estado: todas aqueles terreos, solares ou edificios
    hoxe en poder de Defensa, pero que, en moitos casos, foron terreos comunais ou
    propiedade do concello da Coruña, e que non son utilizados por Defensa, deberían pasar
    a propiedade do concello da Coruña para equipamentos públicos.
    Os sucesivos acordos do Pleno municipal e a mobilización cívica conseguiron xa a
    paralización de sucesivas poxas de tres parcelas no Campo da Estrada-Maestranza polas
    que Defensa pretendía ingresar 24,8 millóns de euros. Ese é o camiño.
    Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto consideran que a
    recuperación do solar de Adelaida Muro para o patrimonio da Coruña non é,
    fundamentalmente, un tema administrativo, senón unha cuestión de vontade política. O
    goberno do Estado, o goberno municipal da Coruña e os grupos políticos que
    conforman a corporación municipal teñen unha responsabilidade histórica e non poden
    defraudar os desexos xa manifestados pola cidadanía da Coruña para a recuperación
    gratuíta destes terreos, como quedou patente na manifestación do 7 de maio de 2017 e
    na Consulta Popular realizada na Cidade Vella.
    O barrio de Monte Alto xa perdeu en 2001 un equipamento histórico como o Asilo de
    Adelaida Muro, despois dunha operación urbanística lamentábel (descatalogación do
    edificio, retirando a súa protección, e cambiando a cualificación da parcela), rexeitada
    por 85 entidades da Coruña. Nunca houbo tanta unanimidade en defensa dos intereses
    da cidade.
    Temos unha oportunidade histórica para recuperar na mesma rúa Adelaida Muro unha
    parcela para uso público, que podería acoller, entre outras dependencias, un Centro
    Público de Día para Maiores, tan necesario no barrio de Monte Alto.
    Por todo isto, os grupos municipais de ………..,……….. recollendo a proposta de
    Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto, presentan a
    consideración do Pleno da Corporación Municipal os seguintes
    ACORDOS
    1. Instar ao goberno municipal a que as negociacións co Ministerio de Defensa sobre as
    parcelas do Campo da Estrada-Maestranza, rúa de Adelaida Muro, vello parque de
    Automóbiles de Agrela ou outras, estean baseadas na devolución gratuíta das mesmas
    ao patrimonio municipal para uso público, co mesmo criterio aprobado polo Pleno de 11
    de abril de 2016.
    2. Instar ao Goberno Municipal a que esixa ao Ministerio de Defensa a suspensión
    indefinida da poxa da parcela do número 24 da rúa Adelaida Muro.
    3. Instar ao Goberno Municipal a que faga pública a vontade de cambiar a cualificación
    desta parcela de Adelaida Muro para que pase a dotacional e impedir así a súa venda
    para a construción de vivendas.
    4. Consultar á veciñanza de Monte Alto a súa opinión sobre o uso público desta parcela
    de Adelaida Muro. Neste sentido, o Goberno Municipal comprométese a convocar, en
    colaboración coa Asociación de Veciños de Monte Alto, un Concurso de Ideas sobre o
    futuro uso desa parcela, dentro dun Centro Social Adelaida Muro.
    A Coruña, 9 de xaneiro de 2019.
    Portavoz do grupo municipal de …….. Portavoz do grupo municipal de …….
    Portavoz do grupo municipal de ……. Portavoz do grupo municipal de …
    nicanoracosta2
    Nicanor Acosta.
    (Foto cortesía do Facebook de Nicanor Acosta: https://www.facebook.com/nicopropolis)
  • Intervención de Nicanor Acosta desde o Escano Cidadán. Pleno da Coruña de 14 de xaneiro de 2019
    Sr. Alcalde.
    Diríxome a esta dignísima Corporación en nome do colectivo de presos e presas políticas na ditadura e como
    Republicano de Honra 2015, cando se cumpren 50 anos da concesión a Manuel Fraga pola Corporación da
    Coruña da distinción de “Fillo Adoptivo”. Somos persoas que coñecemos ben a represión durante corenta
    anos de ditadura e sabemos o papel que xogou o “Camarada Fraga”, así era o tratamento entre os fascistas e
    así era recollido no Boletín Oficial do Estado en 1961cando Franco agradecía a Fraga os servizos prestados á
    ditadura.
    Dicía Julián Casanova, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza, no seu artigo
    “Impunidad y olvido: de Fraga a Vox”, que no disco da biografía de Fraga hai dúas caras. Unha a cara A,
    que será difundida mañá, 15 de xaneiro, cando se cumpre o sétimo aniversario do seu falecemento. Pero hai
    outra cara B, secuestrada ou silenciada, que queremos difundir.
    O manifesto NON QUEREMOS AO “CAMARADA FRAGA” COMO FILLO ADOPTIVO que
    fixemos público presas e presos políticos, é un acto de valentía e de defensa da dignidade das vítimas do
    franquismo porque nós non esquecemos e non podemos calar. Queremos difundir que Manuel Fraga foi
    durante case corenta anos un activo militante fascista ou franquista, desde a súa afiliación a Falanxe en 1937.
    José Manuel Caballero Bonald, escritor e premio Cervantes 2012, manifestaba que “Fraga se convirtió en
    uno de los máximos secuaces de la camarilla de Franco y sus actuaciones represivas propiciaron durante
    años la falta de libertades y la persecución de disidentes. Fue en puridad un cómplice de algunos de los
    asesinatos llevados a cabo en la última década del franquismo”. E Jorge Semprún, escritor e ex–ministro do
    PSOE, definía así as súas responsabilidades políticas: “Fraga fue un de los ministros que fusilaron a
    Grimau”.
    Non podemos esquecer que, como ministro de Información e Turismo, e despois como Vicepresidente para
    Asuntos de Interior e ministro da Gobernación, Fraga foi partícipe e cómplice de toda a política represiva
    que se aprobaba no Consello de Ministros: fusilamentos, cárceres, campos de concentración, despedimentos,
    exilio, Tribunal de Orde Público (TOP), graves violacións dos dereitos humanos, expedientes a xornalistas,
    peche de medios de comunicación e asasinatos de traballadores.
    No período de abril de 1968 até abril de 1969, Fraga abriu 201 expedientes administrativos que, en
    aplicación da Lei de Prensa e Imprenta de 1966, culminaron en 118 sancións, entre elas seis multas a La Voz
    de Galicia. Alberto Míguez foi sancionado con 50.000 pesetas e condenado polo Tribunal de Orden Público
    (TOP) a seis meses de cárcere pola publicación en 1965 de “El pensamiento político de Castelao”.
    Fraga é o ministro que cualificaba como “piojosas” ás mulleres dos mineiros que eran rapadas no cuartel da
    Garda Civil, golpeadas, humilladas e paseadas polas rúas de Langreo. O ministro de “La calle es mía”. O
    ministro da violencia, que provocou o asasinato de cinco traballadores en Vitoria e de dúas persoas en
    Montejurra. O político que mantiña excelentes relacións con fascistas e ditadores de todo o mundo, como
    Pinochet; que xustificou os crimes dos GAL, cualificando ese terrorismo de Estado como “Movimiento de
    Autodefensa”; que disculpaba aos golpistas do 23-F, manifestando que “estaban llenos de buena voluntad”.
    Nnunca manifestou arrepentimento, nin pediu perdón polos crimes do franquismo. Como servidor do
    franquismo, que sempre recoñeceu, non merece recoñecemento social.
    CONFIAMOS EN QUE ESTA DIGNA CORPORACIÓN TEÑA TOLERANCIA CERO CO
    FRANQUISMO E OS SEUS COLABORADORES, E QUE MOITO ANTES DO MES DE MAIO
    RETIRE A MANUEL FRAGA A DISTINCIÓN DE FILLO ADOPTIVO.