Sábado, 20 de outubro, ás 12,30 horas
No nº 24 da rúa Adelaida Muro
CONCENTRACIÓN
*CONTRA A POXA (SUBASTA) DUNHA PARCELA
DO MINISTERIO DE DEFENSA
*POLA DEVOLUCIÓN GRATUÍTA DO SOLAR AO PATRIMONIO DA CORUÑA PARA EQUIPAMENTO PÚBLICO E SERVIZOS SOCIAIS
Para que necesita diñeiro o Ministerio de Defensa?
GASTO MILITAR DE ESPAÑA
31.631 millóns de euros desde o ano 2000 para os 19 Programas Especiais de Armamento
834 millóns, fragata F-105
1.809 millóns, 4 fragatas da serie F-100
11.718 millóns, 68 avións de combate EF-2000
2.212 millóns, 4 submarinos S-80 (800 millóns máis para modificacións porque no flotaban).
2.399 millóns, 239 carros de combate Leopard
2.643 millóns, 45 helicópteros NH-90
1.579 millóns, 24 helicópteros de combate Tigre
5.493 millóns de euros, 27 avións de transporte militar A400M
ESPAÑA É UN DOS PRINCIPAIS EXPORTADORES DE ARMAS
De 2006 a 2016 España multiplicou por catro as súas vendas de armamento, que en 2015 chegaban a 10.076 millóns de euros.
De 1995 a 2015 España vendeu material bélico a Marrocos por importe de 250 millóns de euros, utilizado tamén na represión do pobo saharauí.
Desde a caída de Mubarak en Exipto, España vendeu armamento a ese país por importe de 120 millóns de euros, que foi utilizado polo exército para dar un golpe de Estado, con máis de 1.000 mortos e acabar cun goberno elixido nas urnas.
España multiplicou por 30 a venda de armas a Arabia Saudí, pasando de 46 millóns de euros no período 2006-2016 a 1.361 millóns no período 2013-2016.
Amnistía Internacional denunciaba a venda por España a Arabia Saudí de cinco corvetas por 2.000 millóns de euros e lembraba que este país vulnera sistematicamente os dereitos humanos e que eses barcos poderían ser utilizados na guerra de Iemen.