Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

A III Marcha Cívica celebrarase o sábado, 5 de novembro, e partirá ás 12 horas da praza de María Pita da Coruña.

Axuntamos a relación provisional das 115 entidades que promoven esta III Marcha Cívica, convocada despois dunha asemblea aberta de entidades, celebrada o 26 de setembro. É  unha resposta social ante o anuncio da familia do ditador Franco de pór novamente á venda a Casa Cornide, como se fose da súa propiedade. Queremos facer chegar a esa familia que a súa actitude ten un rexeitamento social unánime.

Entre as entidades convocantes hai unha ampla presenza de organización políticas e sindicais (CIG, UGT, CCOO, CGT), asociación veciñais e culturais de moitos concellos da comarca da Coruña e de toda Galiza.

Os apoios chegan de entidades memorialistas de toda Galiza como Iniciativa Galega pola Memoria; Fundacións: Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Manuel Maria, Fundación Galiza Sempre, Fundación 10 de Marzo de CCOO, Fundación Moncho Reboiras da CIG.

Apoios de fóra de Galiza como a Agrupación Federico García Lorca de Arxentina, Asociación La Comuna de pres@s y represaliad@ por la dictadura franquista de Madrid, Asociación pola Memoria Militar Democrática, Federación Estatal de Foros pola Memoria.

Nesta ocasión, o lema da convocatoria será: QUE DEVOLVAN TODO O ROUBADO. DESPOIS DO PAZO DE MEIRÁS, RECUPERACÓN PARA O POBO DA CASA CORNIDE.

O Pleno da corporación municipal da Coruña aprobou varias mocións para a recuperación da Casa Cornide para o pobo da Coruña: O Pleno de 12 de setembro de 2019, aprobaba por unanimidade una moción para a devolución da Casa Cornide ao patrimonio da Coruña, e o Pleno de 12 de setembro de 2019 aprobaba, tamén por unanimidade, unha moción para que o concello tome medidas xurídicas para promover que a Casa Cornide pase a mans públicas.

DATOS HISTÓRICOS

A adquisición da Casa Cornide foi unha auténtica operación de Estado que se organizou durante varios anos. No podía aparecer como a transmisión dunha propiedade pública a unha persoa privada como Camen Polo, esposa de Franco, e por iso a solución para superar ese problema foi convocar unha poxa, previamente amañada.

A Casa Cornide foi mercada en 1948 pola Dirección Xeral de Belas Artes (Ministerio de Educación). Con Alfonso Molina como alcalde pasa a propiedade municipal, mediante un expediente incoado en 1958 e formalizado en xuño de 1962 a través dunha permuta co Ministerio de Educación Nacional, que recibe a cambio unha parcela municipal en San Roque/zona escolar.

Poucos días despois de dita permuta, Sergio Peñamaría (sucede a Alfonso Molina como alcalde o 19 de maio de 1959), tramita a venda cunha sorprendente rapidez e o Pleno de 3 de  xullo de 1962 acordaba a venda do palacio e tamén as bases para unha poxa que se celebra un mes despois. Barrié gaña a poxa-farsa celebrada o 2 de agosto de 1962 e adquire a Casa Cornide por 305.000 pesetas. Esa mesma tarde o pleno dá conta que Barrié solicita transmitir a propiedade a Carmen Polo. Tres días despois vendeu a casa a Carmen Polo por 25.000 pesetas, como figura na escritura.

O pazo de Meirás e a Casa Cornide son dúas caras dun mesmo espolio. Como dicía a moción aprobada o 1 de outubro de 2020: “Significados franquistas que promoveron e participaron activamente nestes dous espolios -Alfonso Molina Brandao, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano- aínda conservan na Coruña rúas, retratos en edificios públicos, placas e todo tipo de distincións, que non pode admitir unha sociedade democrática”.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un cordial saúdo.

Ricardo Vales, responsábel de Comunicación de Defensa do Común  669516097

RELACIÓN PROVISIONAL DE APOIOS

COMARCA DA CORUÑA

Defensa do Común, Marea Atlántica, Bloque Nacionalista Galego, Podemos, Anova, Unión Republicana, Esquerda Unida, Alternativa dos Veciños, Galiza Nova, CIG, UGT, CCOO, CGT, Asociacións Veciñais de Monte Alto, Agra do Orzán, Cidade Vella, Os Castros, Castrillón, Feans, Eirís, Birloque, Mesoiro-Vio, Labañou. CRMH, Vangarda Obreira, Plataforma en Defensa da ría de Sada-Betanzos, Ateneo Libertario Xosé Tarrío, AC. Alexandre Bóveda, AC. O Facho, AC. Gomes Gaioso, Acampa, Stop Desafiuzamentos, Proxecto Cárcere, C.S. A Comuna, Foro Cívico, ADEGA, Irmandade  Moncho Valcarce, Ergosfera, Forum Propolis, Ecoloxistas en Acción, A.C. Vieiros das Mariñas, Colectivo Pedras Galladas de Culleredo, Eira Vella de Betanzos, A.C. Irmáns Suárez Picallo de Sada, Cultura Aberta de Carral, Roxín Roxal de Paderne, Erguer, Asociación de Escritores en Lingua Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Sociocultural Acéfala da Coruña

RESTO DE GALIZA

Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas, A.C. Maio Longo de Pontevedra, A.C. Obradoiro da Historia de Ordes, Nova Escola Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Fundación Moncho Reboiras da CIG, Memoria da Mariña, Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Colectivo Capitán Gosende de Cerdedo-Cotobade, Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo de Lugo, Ferrol en Común, Memoria Histórica do Grove, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Comité de Memoria da Comarca de Celanova, A.C. Vagalumes de A Estrada, Fundación 10 de Marzo de CCOO, A.C. Fuco Buxán de Ferrol, Esculca, A Oliveira de Teo, Ateneo Republicano de Valdeorras, Asociación Socio Cultural Lareira de Soños dos Vilares de Guitiriz, Grupo Nova Poesía Guitirica da Terra Chá, Vía Galega, A.C. Altofalante de Ribeira, Muínho do Vento de Ferrol, Fundación Galiza Sempre, ARMH de Marín, Ateneo Ferrolán, S.C. Medulio de Ferrol, O Faiado da Memoria de Vilagarcía, Iniciativa Galega pola Memoria, Sinhor Afranio do Deza, Iniciativa Cidadán de Vilagarcía pola Memoria Histórica, Comité Antifascista de Compostela, Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, Fundaçóm Artábria de Ferrol, Compostela Aberta, A Gentalha do Pichel de Santiago, Vilalba Aberta, Irmandade do Dolmen de Moaña, Colectivo Republicano de Redondela, Amigos da República de Ourense, Colectivo Terra de Pontedeume, A.C. O Galo de Santiago, Asemblea Galega pola República, A.C. Xebra de Narón, Plataforma Galega pola Terceira Republica, Agrupación Federico García Lorca de Arxentina, Memoria de Mos, A.C. Memoria Histórica e Democrática de Ferrol, Fundación Eira da Xoana de Ramil-Agolada, A.C. Xermolos de Guitiriz, Fundación Alexandre Bóveda, Asociación pola Memoria Militar Democrática, A.C. Lumieira de Carballo, A.C. Afonso Eanes de A Barcala, Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Apelón Educación de Mugardos, Federación Estatal de Foros por la Memoria, Asociación La Comuna de pres@s y represaliad@ por la dictadura franquista de Madrid, Amigos de Johan Carballeira de Bueu, Fronte Antiimperialista Internacionalista, Lucenza-Ateneo de Nigrán