Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O barrio da Agra do Orzán é o espazo con maior densidade de poboación de Galiza. A súas rúas son estreitas e as súas zonas verdes, inexistentes. Se unha persoa por familia baixa facer a compra, a rúa énchese, nun lugar onde o comercio de proximidade felizmente sobrevive. Ademais, moitos dos seus habitantes, traballadores manuais, precisan seguir traballando para satisfacer as necesidades de todxs.

Ana Rosa podería ter ido ás urbanizacións a pé de praia que as clases medias da corte teñen para ir veranear, e que estes días están ateigadas de irresponsábeis ou a calquera outro barrio no que a xente baixa á rúa por mil razóns diferentes, moitas delas lícitas. Pero non, Ana Rosa prefire ir á Agra do Orzán, para crear alarma, obviando a realidade particular do barrio, criminalizando así á súa veciñanza.
DAVID SOTO.
Na Agra do Orzán #NonVexasTelevisiónLixo