Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Marina é unha alumna xitana do meu instituto que onte comentaba no Instagram de Moon Cresta que había 2 tipos de xitanos/as:
– os/as que escoitan Rocío Jurado, Camarón de la Isla, Niña Pastori, etc…
E logo:
– Ela, que ademais diso, ten o noso último disco “Civil Fuzz Brigade” para cando quere un “toque roquero”.

Marina, por moitas outras cousas, é unha disidente e ten todo o meu respecto.

PREME NA LIGAZÓM:

https://www.facebook.com/100008390051929/videos/2721230008166641/

 

Os/as profes temos que estar á altura dos nosos/as alumnos/as e por iso, tomo o seu comentario case coma un reto. Aproveitando que pouco a pouco imos volver saír ás rúas, coa axuda de Myriam imos atrevernos cunha adaptación algo “aflamencada” do tango “Volver” (tomada dunha versión de Rozalén). Xa sei que fago isto con ousadía e cero experiencia neste estilo; así que: enorme respecto tanto aos guitarristas, como ao tango orixinal, como á versión, como ao “pretendido” aire flamenco que tento darlle.

Volver (ao exterior)… con cautela e sentidiño…