Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Mandarina sessions vol. V.
Desta vez axeitamos a este formato minimalista un pildorazo do último disco de MOON CRESTA titulado “No time to waste”. E iso é o que vos queremos dicir exactamente: non hai tempo que perder para facerse coas entradas do noso vindeiro concerto o sábado 19 de xuño no Terraceo ás 20:00 h. Bulide!!! Déixovos a ligazón de compra nos comentarios!!!
Mandarina sessions Vol. IV
Deconstrucción de “Sailor, Sea, Sail & Wind” canción de Moon Cresta que na súa versión eléctrica é un pepinazo funk-rock convertido aquí en mandarinazo balsámico coa colaboración de Caro Lemos que (como diría Aute) pasaba por aquí… e quedou a cantar…
Mandarina sessions Vol. III.
A primeira vez que quedei con colegas para ensaiar tendo a mínima intención (ou simple ilusión) de formar unha banda, foi a finais dos 80’ e levaba na cabeza a idea de montar algún tema de Housemartins. Aquilo non prosperou e rematamos tocando Los Ronaldos, Siniestro Total, Loquillo… e algún que outro tema propio. Trinta e pico anos despois podo saldar esa débeda recollendo o reto que me lanzou Tom Monteagudo hai uns días cando presentaba en sociedade a “Mandarina”. Ao mesmo tempo interpelo tamén a Javi “Sugar” Ruano para ver se ve máis apropiada esta canción á sonoridade de “Mandarina” e á miña nova identidade country que tan concienciudamente (sic, seica se di así en galego) me estou labrando.
Mandarina sessions vol II
Versión “cáustica” de “Future & remembrances” de Moon Cresta.
Canción para cando se queda un día idóneo para pasear e toparte co teu “eu” futuro.
Logo de ver este vídeo o que me queda máis claro é que é o momento dun desbroce capilar….
Mandarina sessions vol I
Hai un ano, durante o confinamento duro, “apropieime” da guitarra acústica de Manu LL, que era a que puntualmente usaba tamén nos poucos concertos da xira que puidemos dar. A cuestión é que logo de devolverlla quedeime como con gañas porque eu nunca tivera acústica e os callos que che deixa hai que endurecelos a base de seguir tocándoa.
É por iso que agora chegou a casa a que chamamos “A Mandarina” (pola súa cor e pola súa orixe). Este é o seu son nun tema de Moon Cresta (en versión acústica) pertencente ao último disco que nunca foi tocado en directo: “That kind of man”.
FACEBOOK: https://www.facebook.com/profile.php?id=100008390051929

David Moon Cresta Vazquez(Mister D)

(TODALAS FOTOS CORTESÍA FACEBOOK DAVID MOON CRESTA)