• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Queremos que a cidadanía da Coruña disfrute Facendo Radio
 
Radio Barrio #2 é un proxecto dentro do programa Cultura de Barrio do Concello. Non ten ningún custe para as persoas participantes.
 
Buscamos xente artista e creativa, en especial dos barrios de Os Castros, A Gaiteira, Castrillón… 
thumbnail
 

Radio Barrio é un proxecto de CUAC FM que pretende dar a posibilidade ás persoas creativas e artistas da nosa cidade de experimentar na radio. Buscamos novos formatos, novas ideas e, sobre todo, dar a opción de poñerse diante dun micro a calquera que o desexe.
 
O luns 16 de outubro celebramos unha xuntanza informativa no Centro Cívico de San Diego ( na aula 6) para explicar a actividade que se desenvolverá os venres 20 e 27, este día xa cun programa de radio con público. Para a xuntanza non hai que inscribirse, pero en caso de non poder asistir o luns, pero si querer participar os dous venres, o correo electrónico para inscripcións é comunicacion@cuacfm.org
Os horarios serán: luns 16 de 19 a 20:30 (non é preciso chegar ao principio)
Venres 20 de 18 a 20:30
Venres 27 de 17 a 20:30 (preparación de 17 a 18:30 e realización do programa de 18:30 a 20:30).