CUAC

CUAC FM PRESENTOU NA CORUÑA O SEU MANIFESTO POLO DEREITO A COMUNICAR. CUAC RESISTE!!!

Publicado el 13 noviembre, 2017 | Noticias, Prensa
CUAC FM PRESENTOU NA CORUÑA O SEU MANIFESTO POLO DEREITO A COMUNICAR
CUAC
O Campo da Leña encheuse hoxe de Ciudadanía para apoiar o Manifesto polo dereito a comunicar de Cuac FM.
Grazas a cada persoa que estivo presente (físicamente ou en espíritu) no acto. 
#CuacResiste 
Pincha Https://cuacfm.org/manifestocuac e asina. Grazas!
 
 
O Manifesto “#CuacResiste” polo dereito a comunicar foi presentado nun acto público este sábado no Campo da Leña da Coruña da man do xornalista, escritor e padriño da emisora, Manuel Rivas, a comunicadora e colaboradora de CUAC, Estíbaliz Espinosa e o xornalista de RNE Antón Luaces nun ambiente reivindicativo e festivo. A radio comunitaria da Coruña, establecida en 1996, convocou a toda a sociedade civil interesada en defender uns medios de comunicación libres e o dereito a informar e comunicar en democracia, en oposición á sanción de 100.000 a 200.000 euros que a Xunta de Galicia pode aplicar á única radio comunitaria da cidade herculina.
O texto recibiu recibiu 1000 firmas nos seus primeiros dous días de apertura ao público e segue con esa cifra en aumento. Este Manifesto presentado na Coruña e aberto ao público para ser asinado, compartido e difundido, defende o dereito das emisoras comunitarias a estar presentes na FM en Galicia e no estado, tal e como recolle a Lei de Comunicación Audiovisual do ano 2010. Nel, asemade, pídese á Xunta de Galicia e o conxunto do Estado que regularicen estes medios e non apliquen as sancións administrativas expedidas polo Ministerio de Industria, e, tamén, que se proceda á concesión de licenzas na FM para ditas emisoras de radio e televisión. 
O documento, de espírito plural e tranversal, recibiu xa nestes dous días de andaina as sinaturas de numerosos persoeiros da comunicación e da cultura galega: Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro (Vicedecano Colexio de Xornalistas de Galicia), Francisco Sarria (Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia), Víctor Grande, Kiko Novoa e Alfonso Hermida (RTVG), Antón Luaces (RNE), Isabel Risco, Xosé Mexuto (Sermos), Valeria Pereiras (Luzes), Praza Pública, Marcos (“Marcus”) Fernández (TVG), Belén Regueira (Radio Galega); da literatura: Antón Riveiro Coello, Yolanda Castaño, Mercedes Queixas Zas (AELG), Helena Villar Janeiro, Henrique Monteagudo (RAG), Dores Tembrás, Carlos Callón, Emma Pedreira, Nacho Taibo, Eli Rios, Inma López Silva; e das institucións públicas e de partidos políticos de todos os espectros: Universidade Da Coruña, Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Colexio de Xornalistas de Galicia, PSDG-PSOE, BNG, EN MAREA, Ciudadanos Coruña, CC.OO, Julio Abalde (rector da UDC), Xosé Ramón Pousa (decano Ciencias da Comunicación USC), Juan Díaz Villoslada (PSDG-PSOE), Luís Villares (En Marea), Avia Veira (BNG), Xulio Ferreiro, Luca Chao, Claudia Delso, Juan Manuel Sande, Xose Abad (ACAMPA), ALAS Coruña.
Tamén numerosas persoas vencelladas ao mundo editorial galego, do sector servizos ou entidades sociais e colectivos, xunto coa Rede de Medios Comunitarios galega, española e europea (REMC), decidiron suscribir e compartir este Manifesto #CuacResiste.
A radio comunitaria da Coruña invita a todos e todas as que desexen uns medios comunitarios, regulados e libres que aporten a súa sinatura e se sumen a este Manifesto, accesible a través de cuacfm.org ou do link: https://cuacfm.org/ manifiestocuac/
 
 
MANIFESTO: https://cuacfm.org/manifesto-cuac-fm-polo-dereito-a-comunicar/
 
 
RESUMO DO MANIFESTO: 
 

Neste manifesto queremos defender o exercicio da liberdade de expresión da cidadanía, a través de calquera medio, e especialmente a través dos medios comunitarios. As radios comunitarias son espazos de comunicación libre, sen ánimo de lucro, independentes e plurais, que cumpren un fin social e dan servizo á súa comunidade. Son espazos democratizadores, que fomentan a cohesión social e a alfabetización mediática da cidadanía.

Os medios comunitarios son un dereito da cidadanía. Así o recoñece a Lei 7/2010 Xeral de Comunicación Audiovisual, mais non o Goberno. Cuac FM leva 21 anos agardando a que lle concedan unha licenza de emisión e 7 anos de espera por un regulamento dos servizos de comunicación comunitaria sen ánimo de lucro que o Goberno non quere aprobar. Pola contra, a Administración ábrelle un expediente sancionador, ameazándoa cunha sanción de ata 200.000€.

Cuac FM tivo que apagar o seu dial no 103.4 da FM coruñesa. Hoxe é CUAC pero mañá será calquera das máis de 300 emisoras libres do estado.

Neste manifesto REIVINDICAMOS o noso dereito á liberdade de expresión e de comunicación e ESIXIMOS aos poderes públicos:

(1) O arquivo inmediato das accións sancionadoras en contra de Cuac FM e en contra do resto de medios libres e comunitarios do estado.

(2) A concesión dunha autorización temporal de emisión para que Cuac FM poida prestar un servizo de Comunicación Comunitaria, tal e como recolle a Lei 7/2010.

(3) A redacción dunha Lei de Comunicación que trate en condicións de igualdade ao Terceiro Sector da Comunicación, faga unha reserva de espazo radioeléctrico para os medios comunitarios, e garanta asustentabilidade dos mesmos como garantía da pluralidade informativa, do dereito de acceso da cidadanía aos medios, da diversidade cultural e da democratización mediática.

 
 
Grazas pola súa atención.
 
Coordinadora de Comunicación.
CUAC FM.
#CuacResiste.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *