Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña dende 1996, presentará este sábado 11 de novembro ás 12:45 no Campo da Leña (Praza de España) o seu “Manifesto polo dereito a comunicar”, un Manifesto de carácter transversal e plural. O acto consistirá na lectura de dito documento por parte de varios persoeiros públicos, representantes dos medios de comunicación e de diversos movementos sociais da sociedade civil, entre eles o escritor e xornalista Manuel Rivas (padriño de CUAC FM), a escritora e comunicadora Estíbaliz Espinosa e o xornalista Antón Luaces (RNE). 
 
A única radio comunitaria da Coruña, con case 22 anos ás súas costas e hoxe ameazada por unha sanción da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria, reivindica desta forma o dereito á libre información e comunicación, á liberdade de prensa nos países democráticos e á regulación dos medios comunitarios a nivel galego e do conxunto do estado, en consoancia co nivel europeo en internacional no relativo ao tercer sector da comunicación.
Ao evento, onde haberá música e ambiente festivo e reivindicativo, está invitada toda a sociedade civil.
campo da leña resiste
#CuacResiste.