Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

​​

CU​AC FM convoca o XVIII Concurso para Bandas e solistas a nivel estatal.

A colaboración co Concello da Coruña permitirá que tres bandas galegas actúen no Festival Noroeste no mes de agosto.
A Batalla de bandas será o día 1 de outubro na Sala Mardi Gras
En total entregaránse 3.600 euros en premio
Hai premio asegurado para duas bandas da cidade de A Coruña.
O prazo para enviar traballos remata o 20 de xuño.
 
A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM, convoca o seu XVIII Concurso de Bandas e solistas (antes Concurso de Maquetas) para artistas de toda España.
Poden presentarse artistas que teñan editado como máximo un lp e o prazo de recepción de traballos finaliza o día 20 de xuño.

A principal novidade nesta edición é que, grazas ao acordo de colaboración co Concello da Coruña,

​ en concreto coa

Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento,

establécense novos premios moi atractivos. As tres bandas galegas con máis puntuación por parte do xurado actuarán no Festival Noroeste este mes de agosto, no esceario que os responsables do Concello consideren máis oportuno. Desas bandas, como mínimo unha será da cidade da Coruña (nas bases están especificados os criterios). A actuación conlevará un premio de 600 euros.

Ademáis, increméntanse os premios para as bandas que se clasifiquen para Batalla de Bandas que se celebrará o sábado 1 de outubro na Sala Mardi Gras e neste caso xa poden ser seleccionadas bandas de toda España. O xurado desta edición estará formado por cinco ou sete persoas, sendo maioría de persoas externas a CUAC FM e con ampla experiencia no eido musical.
Por último, mantense un premio á mellor banda local que é seleccionada por votación de todas as persoas de CUAC que desexen participar na elección. Neste caso incluense bandas da área metropolitana da Coruña.

Serán un total de seis bandas premiadas e por un importe global de 3.600 euros. A inscripción realízase a través dun formulario na páxina web da emisora

​.